Xoves 28 Marzo 2024

Un investigador da USC deseña un sistema para calcular idade e sexo en radiografías dentais

A tese doutoral de Nicolás Vila basease nunha metodoloxía de alta precisión e de fácil implantación que reduce os tempos e usa a intelixencia artificial

Determinar o sexo e idade dunha persoa son tarefas fundamentais para levar a cabo procesos como a identificación de restos humanos, a validación de partidas de nacemento ou a determinación da maioría de idade en persoas indocumentadas inmersas en procesos legais.

A investigación desenvolvida por Nicolás Vila no Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes (CitIUS) da Universidade de Santiago de Compostela (USC) logrou demostrar a eficacia dunha serie de sistemas de intelixencia artificial para predicir a idade e o sexo a partir dunha radiografía dental panorámica de xeito automático, rápido e fiable. A experimentación tamén validou a idoneidade destas estruturas de forma individual, mandíbula e dentición, no proceso de cálculo.

Publicidade

Este procedemento vén a substituír a operación lenta e custosa que se viña facendo de forma tradicional, posto que requiría de ferramentas informáticas de anotación das radiografías e a supervisión dunha persoa experta que validara esta anotación.

Paso a paso

En primeiro lugar, o investigador desenvolveu unha metodoloxía para estimar a idade e o sexo a partir da radiografía completa para acadar unha precisión superior aos métodos existentes. Para isto, o autor da tese empregou métodos baseados en mapas de calor para determinar as rexións da radiografía máis relevantes cando se trata de estimar a idade e así puido confirmar o coñecemento adquirido nos estudos clínicos previos, que afirmaban que a rexión dental é a que máis inflúe na predición final.

O traballo de Nicolás Vila foi dirixido polas científicas María José Carreira e Inmaculada Tomás, contando tamén coa colaboración das odontólogas Paulina Varas e Ángela Aneiros.

Sistema automático

A segunda fase da investigación no marco desta tese de doutoramento, consistiu no deseño dun sistema completamente automático para detectar nas radiografías o contorno mandibular e caracterizalo posteriormente en forma e tamaño. Os resultados deste novo método demostraron que os cambios ao longo da vida na forma da mandíbula son útiles para establecer a idade cronolóxica dun suxeito, mentres que o tamaño resulta indispensable para diferenciar entre homes e mull

A investigación desenvolvida por Nicolás Vila (segundo pola esquerda) no Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes da USC (CiTIUS) logrou demostrar a eficacia dunha serie de sistemas de Intelixencia Artificial baseados en técnicas de aprendizaxe profunda (Deep Learning)
A investigación desenvolvida por Nicolás Vila (segundo pola esquerda) no Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes da USC (CiTIUS) logrou demostrar a eficacia dunha serie de sistemas de Intelixencia Artificial baseados en técnicas de aprendizaxe profunda (Deep Learning)

eres.

Por último, o equipo de traballo desenvolveu unha nova metodoloxía para detectar as pezas dentais presentes na radiografía, co obxectivo de usalas no proceso de estimación.

Os resultados acadados ao longo desta tese superaron aos traballos previos por unha gran marxe, datos que acreditan a utilidade da metodoloxía desenvolvida. Así, os investigadores destacan tres beneficios fundamentais das novas tecnoloxías aplicadas a este proceso: a alta precisión, a redución dos tempos e da subxectividade e a facilidade de implantación en escenarios reais.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Pódcast | Máis alá dos videoxogos: o uso das imaxes creadas con IA

O investigador do CITIC José Antonio Iglesias Guitián analiza no oitavo episodio de O Descodificador as vantaxas e inconvenientes da xeración sintética de gráficos por ordenador

Pódcast | Reloxos intelixentes e medicina do sono: así nos axuda a tecnoloxía a vivir mellor

Os investigadores do CITIC Diego Álvarez e Patricia Concheiro analizan no sétimo episodio de O Descodificador as aplicacións biomédicas da IA

▪️ Expertos en tecnoloxía, ciencias e humanidades asesoran a Xunta para o uso ético da IA

A comisión de especialistas elabora recomendacións para impulsar accións formativas e a sensibilización na administación e empresas

Pódese predicir o estrés emocional dos adolescentes a través da voz? Así o investiga atlanTTic

Dende o centro da UVigo lidéranse varios proxectos nos que se utiliza a intelixencia artificial para analizar a fala e, así, mellorar a calidade de vida das persoas