Sábado 20 Abril 2024

Guía para non perder detalle da Noite Galega das Investigadoras

As ‘conciencias creativas’ saen este venres a rúas, museos, parques e bares nunha nova G-Night

No ano do seu décimo aniversario, a Noite europea das persoas investigadoras (European Researchers’ Night) chega este venres a Galicia coa creatividade e a súa relación co coñecemento científico como eixo do evento, que se desenvolverá co lema Conciencias creativas.

A G-Night encherá as cidades de Vigo, Ourense, Pontevedra, Santiago de Compostela, A Coruña, Ferrol e Lugo de actividades de divulgación científica en lugares afastados dos laboratorios, como rúas, museos, praias e bares, nun ambiente festivo e co obxectivo de dar a coñecer o valor do traballo que desenvolven as científicas e científicos, así como a importancia desta actividade na sociedade.

Publicidade

Financiado con preto de 154.000 euros procedentes do programa marco H2020, a través das Marie Slodowska-Curie Actions (MSCA. Acordo de subvención 101035979-G-NIGHT), as universidades de Santiago e A Coruña, o CESGA, a Unidade de Cultura Científica do CSIC en Galicia e o Instituto de Investigacións Mariñas, o Centro Oceanográfico de Vigo (IEO-CSIC), Gradiant, ITMATI, INIBIC e SEBBM, integran o consorcio coordinado pola Universidade de Vigo, que desenvolverá a Noite galega das persoas investigadoras que, ademais de nas cidades galegas, se celebrará de xeito simultáneo en máis de 360 localidades de toda Europa.

A edición de 2021 está adicada ao Pacto Verde Europeo (European Green Deal)un plan que inclúe cincuenta accións concretas para a loita contra o cambio climático, que pretende convertir a Europa no primeiro continente climáticamente neutro no ano 2050.

Estas son as actividades programadas nas sete cidades:

A Coruña

Programa de actividades en liña

Programa de actividades presenciais

Streaming: Charlas de divlgación científica (venres 24 ás 20.30 h)

Ferrol

Programa de actividades en liña

Programa de actividades presenciais

Lugo

Programa de actividades presenciais

A Noite das persoas investigadoras no Vello Cárcere. Obradoiros

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A UVigo reivindica no Día Mundial da Auga a importancia do seu acceso universal

A universidade impulsa a concienciación través dunha serie de pódcast con nenos e nenas e dun concurso escolar de microrrelatos
00:03:09

As patacas teñen lingua propia: o vídeo dunha galega finalista nun certame de divulgación

A investigadora da Misión Biolóxica de Galicia Lucía Martín Cacheda presenta unha peza audiovidual sobre a comunicación química das plantas

A eternidade por fin comeza un luns

Artigo gañador da VI edición do IGFAE C3, o concurso de comunicación científica do Instituto Galego de Física de Altas Enerxías
00:05:26

Gciencia fai 10 anos

O portal da ciencia culmina dez días de celebracións polo seu décimo aniversario