Publicidade
Sábado 15 Marzo 2025
Publicidade

A biotecnoloxía galega exhibe os seus avances en Biospain 2021

A Axencia Galega de Coñecemento en Saúde (Acis) promove a participación de representantes da comunidade no evento

Galicia contará cunha destacada representación en Biospain 2021 que se celebra a próxima semana (do 27 de setembro ao 1 de outubro) en Pamplona. A feira á que acoden empresas biotecnolóxicas e investidores do sector de todo o mundo é unha gran oportunidade para que as pemes e os axentes que conforman o Ecosistema Bío en Galicia podan darse a coñecer nun evento de categoría internacional.

A Axencia Galega de Coñecemento en Saúde (Acis) estará presente na feira, que contará con sesión virtuais e presenciais para adaptarse ás limitacións que supón a pandemia da covid-19. Desde Acis sinalan que Biospain supón unha gran ocasión para mostrar a boa ciencia que se fai en Galicia cara ao resto do mundo, a través dos diversos centros de investigación existentes e do tecido empresarial biotecnolóxico.

Publicidade

“A internacionalización é un dos nosos obxectivos e Biospain ofrece unha magnífica  oportunidade de negocio entre investidores, empresas e investigadores de todo o mundo”, apuntan dende a axencia. Entre as axentes investidores que estarán presentes no evento figuran compañías de Suiza, Italia, Alemania, Reino Unido, Emiratos Árabes ou Estados Unidos. Por parte galega tamén haberá representación neste ámbito coa sociedade de capital risco da USC Unirisco.

As empresas galegas do sector

Un dos momentos máis destacados para a representación galega no evento chegará o xoves, día 30, cando tres empresas participarán na mesa redonda sobre Medicina Personalizada que terá lugar ese día. As compañías Health in Code (unha das maiores empresas de Europa en xenética non reprodutiva), Libera Bio S.L. (nova spin-off da USC que desenvolve novos medicamentos baseados na nanotecnoloxía) e Sunrock Biopharma (traballa con anticorpos terapéuticos contra o cancro) tomarán parte neste acto e contribuirán a dar a coñecer o traballo das empresas galegas do sector.

Ademais de Acis e das empresas sinaladas, a delegación galega no evento contará coa presencia da Axencia Galega de Innovación (Gain), o Cluster Tecnolóxico e Empresarial de Ciencias da Vida (Bioga), o Cluster da Saúde de Galicia (CSG) e as tres universidades públicas galegas.

Nos últimos anos Galicia se está a converter nunha das principias rexións biotecnolóxicas de España, cunha combinación da investigación de excelencia xunta ao desenvolvemento empresarial. A comunidade autónoma conta con tres institutos de investigación biomédica que coordinan a investigación realizada dende o Servizo Galego de Saúde e as tres universidades. En total, en Galicia hai 2.500 investigadores integrados en 175 grupos de investigación.

O próximo reto en Galicia é unha estratexia de medicina personalizada e investigación, co novo cetro Car-T nun papel destacado

Dende Acis destacan que o sistema sanitario galego ofrece moitas vantaxes para os que queren colaborar en proxectos de investigación. “Somos un sistema moi competitivo, con profesionais altamente cualificados e contamos con centros sanitarios cun sistema tecnolóxicamente avanzado que facilita unha historia clínica única para todos os cidadáns galegos e para todos os niveis asistenciais”, engade Acis.

A axencia apunta que o próximo reto en Galicia e contar cunha estratexia de Medicina Personalizada e Investigación. Neste sentido se está a desenvolver un proxecto para a posta en marcha en Santiago dun centro de produción de medicamentos CAR-T, que será un dos eixos fundamentais da política sanitaria do Goberno galego en materia de saúde. “Contar cun centro de terapia avanzada CAR-T situará a Galicia como centro de referencia na produción e investigación deste tipo de medicamentos”, indican desde Acis.

A Axencia Galega do Coñecemento en Saúde é unha entidade pública adscrita á Consellería de Sanidade e o Sergas e ten entre os seus obxectivos xestionar o coñecemento sanitario do todo o sistema de saúde en torno a catro áreas estratéxicas: formación de profesionais, investigación, innovación e avaliación tecnolóxica.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Anxo Fernández e Alana Aragón, galardoados no I Premio de Investigación en Saúde Transfronteirizo

Os proxectos “E-consulta avanzada de Cardioloxía” e “RENACE” obtiveron distincións

A innovadora técnica dun equipo galego para detectar ineficiencias nas empresas

'InVerbis Analytics', que naceu como un proxecto de investigación da USC, é agora un servizo que permite optimizar as operacións doutras compañías grazas á minería de datos

Adeus ás tarefas de oficina: un proxecto galego quere automatizalas

O proxecto Itdp nacido no centro tecnolóxico Gradiant procura desenvolver unha ferramenta que facilite a análise de determinado tipo de documentación e evite a realización manual de tarefas de cribado de información

Unha tecnoloxía feita por galegas producirá bioplásticos a partir de aceites usados

O proxecto Pretenacc, financiado polo programa Ignicia, procura a posta en marcha dun método pioneiro para fabricar plásticos de orixe vexetal