Elena Ojea, xunto a outros dous ERC, o conselleiro Conde e o presidente Feijoo.
Elena Ojea, xunto a outros dous ERC, o conselleiro Conde e o presidente Feijoo.

A investigadora Elena Ojea volve a Galicia co programa Oportunius

A primeira galega en obter unha bolsa Starting Grant do Consello Europeo de Investigación (ERC polas súas siglas en inglés), a nigranesa Elena Ojea, desenvolverá en Galicia o seu traballo sobre o cambio climático grazas ao programa da Xunta Oportunius, que busca atraer a Galicia ao mellor talento científico, e ao esforzo da Universidade de Vigo. O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, acompañado polo conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, mantivo un encontro tanto coa propia Ojea como con outros dos galegos tamén apoiados por bolsas Starting Grant do ERC: o físico de partículas Diego Martínez, e o químico molecular Javier Montenegro.

Martínez foi a primeira fichaxe de Galicia no marco do programa Oportunius. Ojea se incorporará á Universidade de Vigo, tras traballar durante varios anos no centro BC3 do País Vasco. O seu proxecto mobilizará 1,5 millóns de euros no próximo lustro grazas ao apoio do ERC, impulsando a creación de emprego cualificado derivado da composición do equipo de especialistas que axudarán na súa labor á científica galega.

O programa Oportunius conta con 5 millóns de euros para atraer científicos ata 2020

A Xunta pretende que o programa Oportunius sexa unha oportunidade para reter, recuperar e captar aos mellores investigadores, de cara a que desenvolvan a súa carreira en Galicia e atraian o investimento que supoñen as ERC; para formar a científicos con potencial para conseguir estas bolsas europeas; e para incorporar talento ás pemes, mellorando a competitividade do tecido produtivo.

Xunto á contratación de Diego Martínez e Elena Ojea polas universidades de Santiago e Vigo, o Oportunius ten permitido xa colaborar con 8 investigadores galegos finalistas e, polo tanto, con potencial para acadar unha bolsa ERC, segundo informa a Xunta de Galicia; O programa conta con 5 millóns de euros para atraer máis de 30 millóns de euros en apoios ERC ata 2020 que permitan desenvolver liñas pioneiras en Galicia.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.