Tres estudantes da USC, subcampións de España de debate entre universitarios

O debate universitario galego volve estar de celebración tras un novo éxito dos integrantes do Club Debate Compostela (CDC). Tras o campionato e subcampionato obtido hai unhas semanas en Madrid, agora outros tres universitarios da entidade proclamáronse subcampións de España no I Torneo de Debate Académico da Universidade de Murcia.

Á cita asistiron equipos de universidades de diferentes lugares de España como Selecta, Málaga, Madrid, Barcelona ou Valencia, que tiveron que argumentar se debería estar xustificado o uso do burkini e outros elementos análogos en espazos públicos. A dificultade destes torneos radica en que os debatentes debían preparar a postura a favor e en contra, xa que un sorteo antes de iniciar o debate determinaba que defendería cada equipo.

Publicidade

Os estudantes de cuarto curso de Xornalismo David Gómez, lugués de 21 anos, e Lida Lareo, naronense tamén de 21, e o bueués Pedro Martínez, de 20 anos e de terceiro de Medicina, venceron un total de 6 dos 8 debates que disputaron. As súas únicas derrotas foron en fase de grupos e na propia final contra os gañadores, a Universidade de Barcelona, onde o equipo galego defendeu a postura en contra da prohibición.

Ademais do subcampionato, tanto Lidia como Pedro foron galardoados co premio á mellor conclusora e mellor segundo refutador do torneo, respectivamente. Na competición tamén participou un segundo equipo de mozos da USC, que non conseguiu superar a fase de grupos

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Luces e sombras do cribado de cancro de pulmón: “Hai moitos falsos positivos”

O catedrático de Medicina da USC Alberto Ruano cuestiona un procedemento que pode ser moi caro e producir sobrediagnósticos

Que é e que non é intelixencia artificial

A expresión intelixencia artificial está a ser abusada e utilizada de xeito incorrecto en múltiples ámbitos cotiáns

Divulgacción organiza esta tarde un debate electoral sobre I+D e cultura científica

Representantes do PPdeG, PSdeG, BNG, Galicia en Común e Marea Galeguista participarán no encontro, moderado por Manuel Vicente

Unha regueifa para amosar os matices do eucalipto

O debate sobre a árbore acaba con acordo na necesidade de regular as plantacións, pero con discrepancias sobre o seu efecto no ecosistema