Santiago e Vigo presentan o seu máster conxunto en Xenómica

A USC oferta para o curso 2018-2018 un máster interuniversitario  en Xenómica e Xenética que poderá cursarse de xeito presencial nas facultades de Veterinaria de Lugo e de Bioloxía de Santiago, así como na Facultade de Bioloxía da UVigo, aínda que tamén poderá seguirse de xeito semipresencial, segundo indicou este luns a coordinadora deste posgrao, a catedrática de Xenética da USC Laura Sánchez Piñón, no marco da presentación do máster, un acto que reuniu no edificio Cactus do Campus Terra de Lugo a profesores e investigadores da USC e UVigo, así como da Misión Biolóxica de Galicia que participarán como docentes neste programa de posgrao.

Acto de presentación do novo máster en Xenómica e Xenética.
Acto de presentación do novo máster en Xenómica e Xenética.

Estruturado en 60 créditos ECTS e distribuídos en catro módulos, as diferentes materias incluídas no programa do máster en Xenómica e Xenética, un posgrao de orientación académica, profesional e investigadora, poderán cursarse de xeito simultáneo, xa de xeito presencial ou través de videoconferencia, nas facultades de Veterinaria e Bioloxía da USC, así como na Facultade de Bioloxía da UVigo.

Publicidade

Este posgrao, para o que se ofrecen un máximo de 30 prazas (15 convocadas pola USC e 15, por UVigo), permite asemade a posibilidade de cursalo con mencións de especialidade en Diversidade Xenética, Aplicacións Xenéticas e Xenética Humana.

O máster en Xenómica e Xenética ten como obxectivo satisfacer a demanda de profesionais ben preparados para o sector xenómico e xenético, de importancia crecente na nosa sociedade, sinalou Sánchez Piñón. Daquela, cómpre sinalar que  os docentes involucrados na ensinanza do posgrao forma parte de grupos de investigación punteiros en Xenómica e Xenética, tanto de universidades como centros de investigación, con gran prestixio nacional e internacional. Deste xeito, os estudantes coñecerán de primeira man as técnicas e metodoloxías máis actuais e innovadoras nestes campos.

Publicidade

A coordinadora do posgrao é a catedrática da USC Laura Sánchez Piñón

Dirixido a persoas con interese na investigación científica e tecnolóxica, así como na transferencia dos coñecementos xenéticos e xenómicos ao sector industrial e produtivo, o perfil de ingreso no máster en Xenómica e Xenética é moi amplo dada a súa transversalidade, aínda que se antolla como un posgrao acaído para persoas xa tituladas en graos das ramas de coñecemento de Ciencias, Ciencias da Saúde, Enxeñaría e Arquitectura.

O módulo de prácticas externas posibilitará ao alumnado do máster desenvolver estadías en centros de investigación e empresas punteiras tanto de Galicia como do ámbito nacional e mesmo da esfera internacional, tal e como é o Instituto Roslin da Universidade de Edimburgo, que ofrece dúas prazas para que o estudantado deste máster poida completar este módulo de formación.

O acto de presentación do máster interuniversitario en Xenómica e Xenética, un posgrao singular no SUG, reuniu no edificio Cactus de Lugo a varios dos profesores que participaron na elaboración do programa e que impartirán docencia no máster. Así, a catedrática de Xenética da UVigo e coordinadora do máster na institución olívica, Paloma Morán; o profesor da USC e secretario do título, Manuel Vera; o catedrático de Xenética da UVigo Armando Caballero, e os investigadores do CSIC Misión Biolóxica de Galicia Antonio De Ron e Paula Rodiño tamén interviñeron no acto, no que tamén participou a vicerreitora de Coordinación do campus de Lugo, Montserrat Valcárcel Armesto.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un de cada doce homes con cancro de próstata de alto risco ten alteracións xenéticas hereditarias relevantes

Un equipo de Santiago publica un estudo co que avanza na comprensión da enfermidade e cara a unha medicina máis personalizada

O proxecto Xenoma Galicia detecta 42 persoas con variantes xenéticas de risco

O programa pioneiro de cribado xenético analiza 2.504 mostras e acada unha taxa de positividade do 1,7% para enfermidades hereditarias graves

Estes son os 29 puntos dende onde non estará permitido ver a eclipse total de agosto en Galicia

A Mariña concentra a maior parte das restricións da lista provisional elaborada a partir da información dos concellos por motivos de seguridade, mobilidade e accesibilidade

Logran por primeira vez a edición xenética dun xene de susceptibilidade nunha especie forestal, o castiñeiro

A USC participa nun estudo internacional liderado dende Galicia que supón un avance significativo na loita contra enfermidades como a tinta