O catedrático da USC Wenceslao González, Premio Nacional de Estatística

O xurado do galardón, que outorga o INE, destacou as achegas do investigador ao desenvolvemento da estatística non paramétrica nos últimos 30 anos

O Instituto Nacional de Estatística (INE) acordou outorgar o seu Premio NacionalWenceslao González Manteiga , catedrático de Estatística e Investigación Operativa na USC, en recoñecemento ás súas achegas nos últimos 30 anos na modelización non paramétrica de dinámicas e dependencias en sistemas complexos e ao desenvolvemento da estatística non paramétrica. “Estou moi feliz porque este é na actualidade o premio máis relevante a nivel nacional no seu ámbito e ao que concorren moi bos candidatos”, sinalou o profesor González Manteiga, non sen antes lembrarse dos compañeiros e compañeiras, así como do seu alumnado, xa que este é un galardón a toda unha traxectoria, segundo recolle a universidade compostelá.

O Premio Nacional de Estatística, dotado con 30.000 euros, convócase anualmente e está dirixido a especialistas de nacionalidade española cuxo labor e achega científica constitúa unha contribución eminente ao progreso da estatística, recoñecida internacionalmente e independentemente do país onde se levara a cabo.

Publicidade

A traxectoria de Wenceslao González Manteiga

O profesor González Manteiga (Sao Paulo, 1956) acumula unha traxectoria docente de 42 anos de actividade nos que dirixiu 33 teses de doutoramento, ademais de ter participado no ámbito da xestión universitaria e na avaliación científica a todos os niveis e de coordinar diversos proxectos estatais e internacionais.

Coordinador do grupo Modelos de Optimización, Decisión, Estatística e Aplicacións (MODESTYA) da USC, tamén ten dedicado notables esforzos no ámbito da transferencia de coñecemento á sociedade, tanto no ámbito científico (a través de colaboración con profesionais da enxeñaría, a química, a bioloxía, a economía ou a medicina) como no sector industrial. É membro de recoñecidos grupos como a Sociedade Estatística e Investigación Operativa (SEIO), a Sociedade Bernoulli, o Instituto de Estatística Matemática (INS) ou o Instituto Internacional de Estatística (ISI).

Publicidade

Os campos de aplicación das súas investigacións cobren dende o sanitario ao financeiro, pasando polo medioambiental. “A estatística é un ámbito moi transversal. Estamos a ter problemas no eido industrial, no da saúde, a estatística oficial, tamén no eido da COVID, a lingüística… A estatística é todo. Trátase dunha das ramas de maior transversalidade. Nós desenvolvemos modelos que despois se aplican na sociedade”, sinala o profesor González Manteiga.

No plano docente, foi coordinador do Máster en Técnicas Estatísticas (mención de calidade), das universidades galegas no curso 2007-2008. Impartiu cursos de doutoramento a nivel estatal e internacional, alén de ser profesor invitado en varias universidades españolas e nas de Louvain A Neuve (Bélxica), Paul Sabatier de Toulouse (Francia), Brno (República Checa), IMPA (Brasil) e na Universidade de Bos Aires (Arxentina). No ano 2018, ingresou na Real Academia Galega de Ciencias, na sección de Matemáticas, Física e Ciencias da Computación

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Estatística a punta de balón: así calcula un investigador galego a probabilidade de vitoria no Mundial

A análise sinala que España tiña un 90% de posibilidades de vencer contra Arabia Saudita, e un 85% contra Cabo Verde

Premiados sete investigadores e investigadoras mozos pola súa contribución ao avance científico galego

Verónica Bolón, Laura Castro, María Barreiro, Manuel Souto, Ismael González, Lucía Díaz e Rubén Lado reciben os galardóns organizados pola RAGC-UIE

Un terzo da poboación galega terá máis de 65 anos en 2039

O IGE estima que dentro dunha década haberá 260 individuos que superen os 65 anos por cada 100 menores de 20

Gumersindo Feijoo: “Os nosos fillos e netos vivirán menos se abandonan a dieta atlántica”

O catedrático de Química da USC e director científico do CRETUS ingresa na Real Academia Galega de Ciencias