O catedrático Carlos Diéguez, premio da Sociedade Europea de Endrocrinoloxía

O catedrático de Fisioloxía e director do Centro de Investigacións en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas da USC (CIMUS), Carlos Diéguez, acaba de ser galardoado co Premio Geoffrey Harris 2015 que outorga a Sociedade Europea de Endocrinoloxía. Este é un premio dirixido a investigadores asentados do campo da neuroendocrinoloxía e está considerado como o primeiro do seu tipo en Europa.

Dende o ano 2000 téñeno recibido investigadores de Australia, Reino Unido, Italia, Suecia, Francia, Grecia, Holanda ou Hungría. O recoñecemento ao labor desenvolvido polo profesor Diéguez é o segundo que se lle outorga a un investigador da USC, xa que en 2006 tamén fóra premiado Felipe Casanueva, o que vén por en relevo o nivel da investigación en endocrinoloxía e nutrición que se realiza na USC.

Publicidade

Diéguez é o presidente da Sociedade Española de Endocrinoloxía

O galardón toma o seu nome de quen fóra profesor da Universidade de Oxford, un dos pioneiros no estudo da endocrinoloxía. O galardón entregarase o vindeiro ano 2015 no transcurso do Congreso Europeo de Endrocrinoloxía, onde o profesor Diéguez pronunciará a conferencia inaugural, ademais doutras dúas intervencións en encontros científicos da Sociedade Europea de Endrocrinoloxía.

400 traballos científicos

Carlos Diéguez ten publicado máis de 400 traballos en revistas internacionais de alto impacto, con número H de 84, ademais de ter dirixido 29 teses de doutoramento e participado como investigador principal de proxectos nacionais e internacionais. Ademais do seu labor docente e investigador, ocupou diversos cargos relacionados coa xestión científica como presidente da Sociedade Española de Endocrinoloxía e Nutrición, director do Instituto de Investigacións Sanitarias de Santiago, xestor do Plan Nacional de Investigación e coordinador de avaliación de proxectos do ISCII.

Ademais, na actualidade é membro do comité científico do Programa Europeo de Investigación ‘ Unha dieta saudable para unha vida saudable’ e asesor externo de diversos centros como os Institutos de Investigación Sanitaria de Vall d Hebrón, de Málaga, de Córdoba e de Navarra.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A física Yolanda Prezado, premio Wonenburger 2026 polos seus estudos en radioterapia

A Unidade de Muller e Ciencia da Xunta concede por unanimidade o galardón á investigadora galega, considerada unha referencia europea en protonterapia

Radiografía do piropo galego: da sedución á complicidade a través do humor

A investigadora Estela Fidalgo realizou un estudo con 100 persoas para coñecer como mudan as estratexias comunicativas nas relacións afectivo-sexuais

O alzhéimer canino existe: a galega que analiza cerebros de cans para anticipar o diagnóstico

A investigadora Belén Larrán estuda unha doenza que causa desorientación e ansiedade, e afecta máis da metade dos individuos maiores de 15 anos

Así é o rato colilongo, o pequeno roedor clave na transmisión do hantavirus dos Andes

Estudos revelan taxas de infección entre o 5% e o 10%, con maior incidencia nos machos adultos pola súa conduta territorial durante a reprodución