O Campus Terra atrae a Lugo máis alumnos estranxeiros cun aumento do 20%

A mobilidade estudantil rexistrada este curso nos distintos centros universitarios do Campus Terra da USC experimentou un incremento de preto do 20% con respecto a pasado exercicio académico, segundo se desprende das propias estatísticas de matrícula da institución académica compostelá, que cifran en 157 o número de estudantes estranxeiros que xa están a recibir formación ou se incorporarán nos vindeiros meses á sede universitaria luguesa, un número sensiblemente superior aos 132 computados no curso 2015-2016.

Unha das participantes no encontro.
Unha das participantes no encontro.

O incremento do fluxo de alumnado foráneo que se decanta pola sede universitaria luguesa para ampliar a súa formación académica presente este curso académico unha tendencia máis ou menos homoxénea en todos os programas de mobilidade estudantil, aínda que os universitarios que chegaron ao Campus Terra da USC logo de acollerse a programas ou convenios bilaterais entre as súas universidades de procedencia e a institución académica compostelá representan o colectivo máis numeroso, cun total de 101 beneficiarios (93 no curso 2015-2016).

Publicidade

Os estudantes procedentes de países latinoamericanos e nomeadamente de México, que conta cunha ampla representación estudantil na sede universitaria luguesa, constitúen o colectivo de universitarios estranxeiros máis numeroso do Campus Terra da USC, que tamén forma nas súas aulas e laboratorios mozos e mozas procedentes de Arxentina, Perú, Chile, Brasil, Colombia, Venezuela ou Ecuador.

Aumenta a presenza en Lugo de alumnos de universidades asiáticas

A existencia de acordos de colaboración orientados a fluxo de estudantes e investigadores entre a USC e outras universidades asiáticas, xunto coa dispoñibilidade doutras iniciativas de mobilidade internacional, tal e como o son os programas Erasmus Mundus o Patex, fixeron posible que o Campus Terra da USC recibira este curso estudantes de países do continente asiático, tales como Irán, Palestina, Siria ou Tailandia.

Publicidade

O fluxo de estudantes europeos chegados a Lugo, na súa maioría a través das convocatorias anuais do programa Eramus, é menor e está estabilizado entre 30 e 40 matrícula. Este ano son 36 os alumnos que se acolleron a este programa de mobilidade, unha cifra superior aos 28 contabilizados no curso 2015-16. Respecto da súas nacionalidades, os alumnos erasmus do Campus Terra  da USC proceden de Italia, Alemaña, Portugal, Irlanda, Polonia, Reino Unido, Romanía e Turquía.

Unha realidade diferente á do alumando erasmus é a que se aprecia no programa Sicue (programa de mobilidade entre universidades españolas), unha opción que este curso foi solicitada por 12 estudantes que reciben formación no Campus Terra da USC, a onde o pasado ano chegaron dous universitarios. As estatísticas relativas á migración de alumando da sede universitaria luguesa cara outras universidades españolas presenta datos máis altos. De feito, este ano optaron por cursar estudos fóra de Lugo 32 estudantes do Campus Terra da USC, dous máis que o ano anterior. A esta cifra cómpre sumar outras 17 persoas que solicitaron a realización de prácticas fóra de Lugo a través das convocatorias erasmus.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un texto inédito de 1760 saca á luz o achado dun corpo saponificado en Noia: “Foi unha profunda conmoción”

O cura de Fruíme investigou o caso e negou a santidade do cadáver, ao que o pobo lle arrincara varias partes para usalas como reliquias

Un equipo galego abre a porta a detectar a periodontite mediante unha mostra de saliva e IA

A investigación, liderada pola USC e o IDIS, indica que o mellor modelo do experimento acada unha sensibilidade superior ao 92%

Das visitas a Santiago ás colaboracións científicas: estes son os vínculos do Nobel de Física con Galicia

O galardoado Francis Halzen é o presidente do Comité Asesor do IGFAE e colaborou cos científicos Enrique Zas, Jaime Álvarez ou Ricardo Vázquez

Un estudo galego propón novos criterios para identificar áreas de lonxevidade extrema

Investigadores do IDIS e da UVigo publican por primeira vez un marco metodolóxico que inclúe parámetros demográficos e epidemiolóxicos