O AtlantTIC de Vigo convoca 50 prazas para investigadores

O centro de investigación AtlantTIC abre a porta á incorporación ao mundo laboral a un total de 50 estudantes de doutoramento, enxeñeiros júnior e doutores en Enxeñaría de Telecomunicación, Enxeñaría Informática ou titulacións afíns, a través dunha oferta de emprego directamente relacionada co proxecto Táctica, que ten a finalidade de potenciar o polo de xeración e transferencia de coñecemento TIC, creado en Galicia ao abeiro da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación da Universidade de Vigo. Os 7 millóns de euros outorgadosen novembro do ano pasado polo Ministerio de Economía y Competitividad con cargo aos Fondos Tecnolóxicos, permitirán desenvolver un proxecto, segundo explica a directora da AtlantTIC, Nuria González Prelcic, “centrado no hipersector TIC e formulado como unha serie de liñas de investigación activadoras, con resultados claramente transferibles á industria”.

Procesamento de sinais, comunicacións dixitais, radiocomunicacións, enxeñaría electromagnética, enxeñaría biomédica ou redes e servizos de telecomunicación, son algunhas das áreas de investigación dos grupos de AtlantTIC nas que quedarán integradas as persoas que acaden as prazas dunha oferta de emprego, sobre a que a directora do centro de investigación da Universidade de Vigo asegura “non coñezo ningún caso parecido, polo menos de ofertar tantos postos en tan pouco tempo”. A duración dos contratos é dun ano, con posibilidade de prórroga e unha remuneración que vai en función de factores como o rango do investigador ou investigadora, a súa experiencia laboral, o seu currículo ou os premios acadados.

Publicidade

Proxecto Táctica

O proxecto Táctica, ao que a Universidade de Vigo deberá achegar preto de dous millóns de euros para completar o seu financiamento, potenciará as capacidades de transferencia de tecnoloxía, nas súas variantes, permitíndolle ao centro de investigación prestar un mellor servizo como dinamizador da innovación nas empresas do hipersector TIC. “Pero ademais”, como sinala Nuria González, “permitirá probablemente poñer en marcha fórmulas de transferencia menos explotadas ata o de agora, como compartir royalties, licenciar propiedade intelectual e, mesmo potencia outras, como a creación de EBT,S”. Ademais destes impactos globais, cada subproxecto xerará impactos particulares na súa contorna socioeconómica.

150 investigadores integran actualmente o centro tecnolóxico AtlantTIC

Da telemedicina á busca semántica e da radio cognitiva ao radar polarimétrico, moitas son as liñas de investigación nas que na actualidade traballan os 150 investigadores e investigadoras que integran AtlantTIC. Accións, que desde o punto de vista do mercado, pódense englobar en cinco grandes áreas: as arquitecturas de software avanzadas; multimedia; comunicacións inalámbricas, seguridade e caracterización e medida, e que segundo Nuria González “gardan un claro paralelismo coas empresas ¨TIC galegas, como proba a gran cantidade de actividades contratadas no centro, que acadaron os 5 millóns de euros no período 2009-2012.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Pint of Science: “É fantástico pasar do contexto pechado da investigación á contorna afable dos bares”

O investigador de atlanTTic Diego Cajaraville dará o 19 de maio ás 19:30 horas unha charla no bar De Catro a Catro de Vigo

Fernando Aguado: “A variación do sinal con respecto a Vigo axudará a situar Orion na Artemis II”

O catedrático da Universidade de Vigo cualifica de “soño” a participación do seu equipo no percorrido cara á Lúa na nova misión da NASA

Galicia, na misión Artemis II da NASA: así traballa a UVigo no seguimento de Orion

Un grupo de atlanTTic analizará unha monitoraxe continua durante dez días para asegurar a correcta traxectoria da cápsula

atlanTTic impulsa unha rede experimental única de referencia internacional en 5G e 6G

O centro da UVigo desprega no campus de Lagoas-Marcosende unha infraestrutura avanzada para validar comunicacións móbiles de nova xeración en contornas reais