Nanopartículas para edificios e vidros que se limpan sós

Os fotocatalizadores son semicondutores capaces de degradar substancias orgánicas mediante a luz, unha propiedade de utilidade na degradación ambiental de contaminantes, descontaminación de aguas ou no desenvolvemento de superficies autolimpantes. Ata agora a súa implantación industrial, a través de dióxido de titanio, estaba limitada xa que  a súa eficiencia era reducida. Os seus principais inconvenientes eran que precisa radiación UV artificial e a degradación oxidativa que se produce está asociada a radicais moi reactivos formados en contacto coa auga.

A luz do sol reacciona coas nanopartículas para degradar sustancias orgánicas e suciedade 

Agora, un traballo realizado na USC en colaboración co International Iberian Nanotechnology Laboratory (INL) demostra que clústeres de cobre de aproximadamente 10-30 átomos (nanopartículas de aproximadamente 2 nanómetros) compórtanse como excelentes fotocatalizadores na descomposición de contaminantes utilizando non soamente a radiación UV senón tamén a radiación visible. Ademais, a través desta alternativa, a fotooxidación ten lugar directamente a partir das nanopartículas de cobre, sen necesidade de radicais intermediarios.

Revista Small

O traballo desenvolvido por Noelia Vilar na súa tese de doutoramento, dirixida polos profesores Arturo López Quintela e José Rivas do Instituto de Investigación Tecnolóxicas da USC, dá conta non soamente da grande eficacia destes novos ‘nano-fotocatalizadores’ (1000 veces superior aos actuais) e da súa grande estabilidade, senón que tamén explica como polo seu extremadamente pequeno tamaño pode ser aplicado directamente ás superficies. Deste forma, explica a investigadora, puidéronse obter vidros autolimpantes que con simple luz solar de moi baixa intensidade permiten degradar en pouco tempo os contaminantes depositados neles.
Segundos os responsables do estudo, os resultados obtidos permiten pensar na aplicación destes fotocatalizadores non só para a ‘foto-descontaminación’ de augas senón tamén en diferentes tipos de materiais, tales coma pavimentos e fachadas de edificios urbanos, de forma que se podería lograr de forma sinxela unha mellora na calidade do ambiente diminuíndo os niveis de contaminación ambiental. Os detalles desta traballo acaban de ver a luz nun artigo publicado na revista Small.

1 comentario

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Reciclar metais é un negocio prioritario a nivel ambiental, económico e xeopolítico

Xestionar aluminio require un menor consumo de enerxía e emite menos gases de efecto invernadoiro que extraelo da natureza

O IGFAE colabora na detección da fusión de buracos negros máis grande xamais observada

Os centros LIGO-Virgo-KAGRA anuncian a identificación dunha onda gravitacional que abre novas perspectivas no estudo destes eventos cósmicos

A RAGC entrega os seus premios anuais de transferencia, divulgación e xornalismo

Os avances de NeurObesity e o grupo I+D Pharma foron recoñecidos xunto ao traballo de Galiciencia e Lucía Cancela

Deseñan na USC modelos 3D para reproducir un tumor con fibras de hidroxel

O estudo permite a simulación tridimensional nunha única fibra estable que facilita a manipulación experimental en tres fases: líquida, xel e gas