Tedros Adhanom Ghebreyesus, director xeral da OMS, nunha comparecencia a comezos de xullo. Foto: OMS.
Tedros Adhanom Ghebreyesus, director xeral da OMS, nunha comparecencia a comezos de xullo. Foto: OMS.

Por que di a OMS que o peor da pandemia da Covid-19 está por vir?

* Un artigo de 

“O peor está por vir”. A frase é de Tedros Adhanom Ghebreyesus, o director xeral da Organización Mundial da Saúde (OMS), e foi pronunciada o pasado 29 de xuño, seis meses despois de que a OMS recibise a primeira notificación sobre a aparición dun novo virus que causaba pneumonías atípicas en Wuhan (China). Seis meses que deixaban detrás máis de 10 millóns de casos confirmados, medio millón de mortos e as economías de practicamente todos os países moi tocadas. Só unha semana despois, os casos confirmados xa aumentaron en máis dun millón e os falecidos suman 25.000 persoas adicionais.

O peor está por vir. Probablemente non lle faltaban motivos para o dramatismo ao director xeral da OMS. A pandemia do coronavirus aumenta na rexión de Latinoamérica e Caribe, que pasou de 40.000 casos diarios a primeiros de xuño a máis de 60.000 a primeiros de xullo. Con Brasil, México e, a moita distancia, Perú e Chile como os países que máis casos confirmados achegan. Só Brasil e México acumulaban –a primeiros de xullo– 1,8 millóns de casos confirmados e case 92.000 falecidos. E as cifras crecen mentres ambos os países inician desescaladas.

Novos casos diarios confirmados e evolución dos 10 países máis afectados actualmente. Fonte: Universidade Johns Hopkins.
Novos casos diarios confirmados e evolución dos 10 países máis afectados actualmente. Fonte: Universidade Johns Hopkins.

Estados Unidos, que parecía ir dobregando lentamente a curva de contaxios durante o mes de maio e principios de xuño (de 32.000 casos diarios a principios de maio a 21 000 a primeiros de xuño), experimentou un novo e rápido repunte en xuño e supera os 45.000 casos diarios nos últimos días.

Situación dos Estados Unidos. Fonte: Universidade Johns Hopkins.
Situación dos Estados Unidos. Fonte: Universidade Johns Hopkins.
Situación do Brasil. Fonte: Universidade Johns Hopkins.
Situación do Brasil. Fonte: Universidade Johns Hopkins.
Situación da India. Fonte: Universidade Johns Hopkins.
Situación da India. Fonte: Universidade Johns Hopkins.
Situación da Rusia. Fonte: Universidade Johns Hopkins.
Situación de Rusia. Fonte: Universidade Johns Hopkins.

Non sorprende que os Estados Unidos e o Brasil, dous países con emblemáticas presidencias “negacionistas” que representan o 7% da poboación mundial, achegasen o 36% de todos os casos confirmados e o 39% dos falecidos do planeta.

Tampouco sorprende que en pleno ascenso da curva epidémica estean embarcados en contraditorios procesos de desescalada. Na súa intervención do 29 de xuño, e aínda sen nomealos especificamente, Tedros facía gravitar boa parte dese “o peor” nas erráticas estratexias para afrontar a pandemia por parte destes e algúns outros países.

Noutras rexións do mundo, e aínda moi lonxe das cifras de Estados Unidos e Brasil, os casos confirmados tamén crecen. Asia supera xa os 50.000 novos casos diarios, arrastrada sobre todo pola India (máis de 20.000 casos diarios). Rusia, camiño dos 700.000 casos acumulados, parece iniciar un descenso na curva de contaxios e a súa mortalidade declarada –como tamén sucede en Asia– é moi inferior ás rexistradas no oeste de Europa ou Estados Unidos. Tamén no Golfo Pérsico as cifras van en ascenso.

E, aínda por riba, todos miramos con enorme desasosego a gran incógnita africana (ver PDF) con cifras de transmisión aínda baixas pero en constante aumento. Á escaseza de recursos sanitarios e as dificultades obvias para o confinamento en África, unha expansión da pandemia neste continente desviaría os recursos de saúde pública e atención sanitaria doutros problemas de saúde e outras epidemias igualmente graves.

Europa e o inverno

Europa tamén mira con receo o próximo inverno. A pesar de que –con algunha excepción– os países europeos xa controlaron a primeira onda, os servizos sanitarios continúan en constante tensión polos sucesivos brotes locais, algúns de gran magnitude. Se terán capacidade para conter unha segunda onda sen necesidade de recorrer aos confinamentos xeneralizados é outra gran incógnita.

Vivir e poder vivir. O doutor Tedros non se refería na súa intervención ao impacto da crise económica na saúde das poboacións. Pero está aí e promete ser devastador. Especialmente grave nunha África moi endebedada e que xa afronta unha importante depreciación das materias primas pola caída mundial da produción industrial. Tampouco será fácil nos países desenvolvidos. Menos fácil se medran, como parece, as pugnas entre Estados Unidos, China, Rusia e Europa.

O peor esta por vir. Aparentemente unha profecía que quizais non require grandes profetas. Pero a frase non era tanto a predición dun futuro ineludible como un chamamento para traballar para evitar ou, polo menos, reducir ese “o peor”. Un chamamento a non baixar a garda e a esforzarse aínda máis no control da pandemia. O peor estará por vir, pero pode ser moito “menos peor” con esforzo e solidariedade. Moito menos peor canto menos peores sexamos.


* Salvador Peiró é director da área de Investigación en Servizos de de Salud de Fisabio.

Cláusula de divulgación: o autor é membro dos grupos de expertos en Covid-19 da Generalitat Valenciana e a Organización Médica Colexial.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.