A bicicleta e o número Pi

Juan ViañoMartín era un rapaz de apenas oito anos que un día viviu unha discusión científica práctica na súa casa. O seu pai tiña que buscar a solución para reducir a velocidade dunha turbina dun motor e adaptala á velocidade doutra turbina dun xerador eléctrico. A solución estaba no número Pi, pero resultou emocionante ver coma o rapaz non entendía nada ata que o amigo do seu pai llo explicou cunha bicicleta. Todo era moito máis fácil se falamos de piñóns e catarinas en lugar de diámetros e dun número máxico xa usado polos exipcios hai catro mil anos.

Ese é o poder da divulgación científica. Os que nos dedicamos ao mundo da ciencia e da docencia debemos asumir a importancia da democratización do coñecemento xa que resulta imprescindible que a sociedade entenda os avances científicos. Este é o principal xeito de crear a complicidade necesaria entre todos os estamentos da sociedade para lograr avanzar día a día e mellorar a calidade de vida de todos nós.

Para lograr o éxito todos temos que facer un esforzo. Os científicos en crear coñecemento; os divulgadores en adaptar as explicacións a quen as escoita; os cidadáns en comprender o traballo que se require en calquera mínimo avance; as administración aportar as ideas e o financiamento polo ben de todos, e por suposto o tecido empresarial que debe saber que sempre é un dos principais beneficiados.

Temos a sorte de que proxectos coma GCiencia entenden e promoven esta filosofía. Iniciativas coma esta é o que nos anima cada día a facer ciencia, a transferir coñecemento e a mellorar cada día.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.