Venres 19 Abril 2024

Non, ter plantas dentro da túa casa non purifica o aire

Unha revisión científica explica que fan falta máis de 50 plantas por metro cadrado para acadar a calidade que se pode conseguir abrindo as xanelas

Encher a casa con plantas podería alegrar o espazo onde pasamos moito do noso tempo, pero non fará que o aire que respiremos sexa máis limpo. Para iso, precísanse unha cantidade inasumible: entre 10 e 1.000 por cada metro cadrado da casa. Así o expón unha revisión crítica, baseada en 30 anos de investigación, que constatou que as plantas de interior apenas teñen valor real como depuradores do aire.

Utilizando datos dunha ducia de estudos diferentes os autores reiteran que para que unha casa ou oficina de 140 metros cadrados, serían precisas 680 plantas de interior (unhas cinco por metro cadrado) para lograr o mesmo fluxo de aire que cun par de xanelas abertas. E para melloralo, farían falta unhas 100 por metro cadrado.

Publicidade

“Foi unha crenza errónea durante tempo”, di o enxeñeiro ambiental Michael Waring da Universidade de Drexel, un dos autores da revisión. “As plantas son boas e necesarias, pero en realidade non limpan o aire interior o suficientemente rápido como para afectar a calidade na casa ou na oficina”.

É posible acadar a mesma calidade do aire cun par de xanelas abertas que con cinco plantas por metro cadrado

A idea deste mito xurdiu en 1989, cando a NASA realizou un estudo (ver PDF) sobre as plantas para ver se podían filtrar os compostos químicos que causan cancro nas estacións espaciais. A investigación só chegou a colocar unha planta nunha cámara  hermética de menos dun metro cúbico, aínda que os resultados foron notables. Nun día, os autores informaron que as plantas eliminaran ata o 70 por cento dos contaminantes tóxicos no aire.

Pero unha pequena cámara selada é moi diferente a unha contorna interior real nun gran edificio. Co tempo, o estudo da NASA e as investigacións posteriores foron sacadas de contexto. Nun edificio normal, argumentan os autores, o aire interior  viciado substitúese continuamente con aire fresco do exterior, máis rápido que cos experimentos da cámara.

Os autores demostraron isto ao tomar 196 resultados experimentais e traducilos a taxas de subministración de aire limpo (CADR). Utilizando esta métrica, calcularon que para case todos os estudos, a velocidade á que as plantas limpaban os compostos orgánicos volátiles (COV) do aire era tan lenta que era irrelevante.

“O CADR é a métrica estándar utilizada para o estudo científico dos impactos dos  purificadores de aire en ambientes interiores”, di Waring, “pero moitos dos investigadores que realizaron estes estudos non os valoraban desde unha perspectiva de enxeñería ambiental e non entendían como as taxas de intercambio de aire nos edificios interactúan coas plantas para afectar a calidade do aire interior”.

O mito parte dun estudo realizado pola NASA en 1989, pero que se malinterpretou porque estaba feito en cámaras seladas

Aínda que algúns dos estudos mediron ambientes interiores reais, Waring e Cummings din que o equipo que usaron era propenso a imprecisións e usaron concentracións pouco realistas de contaminantes tóxicos. Ademais, ningún deles controla nin mide a taxa de intercambio de aire exterior.

“Atopáronse só dúas publicacións que non só recoñecen estes problemas, senón que refutan explicitamente a noción de que as plantas de interior comúns melloran a calidade do aire interior”, escriben.

Estes dous estudos tamén foron escritos por científicos expertos no estudo dos fluxos de aire do interior e en construcións. E mesmo na revisión de 2009, as súas conclusións foron moi similares ás de agora.

“Aínda que a ventilación domina os procesos de eliminación de  compostos orgánicos volátiles en practicamente todos os edificios do mundo real, a ventilación non se mediu en ningún destes estudos”, escribiron nese momento.

Non é posible obter resultados cuantitativos significativos da eliminación de contaminantes nun estudo de campo sen medir tamén as taxas de ventilación. A variabilidade da taxa de ventilación na maioría dos edificios é simplemente un factor de confusión demasiado grande”.

Unha década despois, Cummings e Waring están moi de acordo. Nun edificio cun fluxo de aire extremadamente baixo e tendo en conta os supostos máis xenerosos das taxas de CADR, atoparon que unha planta por metro cadrado podería alcanzar un 20 por cento de efectividade. Pero ese número cae rapidamente cando as taxas de recambio de aire cambia un pouco.

Con todo, os autores da revisión subliñan que é preciso seguir estudando o comportamento das plantas en ambientes herméticos. Descubrir como as plantas filtran os COV en interiores podería ser útil para desenvolver ‘biopurificadores’, que extraen mecanicamente o aire a través dun substrato  poroso para as plantas.

Aínda así, é importante que os investigadores e os medios non extrapolen estes achados a contornas do mundo real. Encher a túa casa con plantas pode facer que te sintas mellor, pero se o fai para limpar o aire, a ciencia demostra que non é efectivo. “Este é certamente un exemplo de como os achados científicos poden ser enganosos ou mal interpretados co tempo”, di Waring. “Pero tamén é un gran exemplo de como a investigación científica debe reexaminar continuamente e cuestionar os resultados para achegarse á verdade básica de entender o que realmente está a suceder ao noso redor”.


Referencia: Potted plants do not improve indoor air quality: a review and analysis of reported VOC removal efficiencies (Publicado en Journal of Exposure Science & Environmental Epidemiology).

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Si, pódese crear acuarela con bacterias: a UDC impulsa a divulgación a través da arte

CICAGallery estrea a súa primeira edición con cinco artistas que convivirán con distintos grupos de investigación da universidade

Exoplanetas de spray e tinta: ciencia e arte alíanse nun proxecto internacional con selo galego

O artista vigués Tono Carbajo realiza unha residencia artística en Cataluña para desenvolver a súa obra visual e sonora a partir de evidencias astronómicas

As plantas non nativas aceleran a desaparición dos ameneiros galegos

As árbores centroeuropeas que se importan para restaurar as plantacións afectadas por unha doenza fúnxica producen uniformidade xenética

Inmaculada Rodríguez: “Antes faciamos empresas de parafusos, agora de ciencia e tecnoloxía”

A directora xeral de Unirisco reclama dar o salto da investigación á empresa nas xornadas 'Investir en Ciencia si é rendible’, que organiza xunto a Noso Capital