Publicidade

Un pene de madeira de hai 2.000 anos, un consolador da época romana?

Un equipo de arqueólogos da Universidade de Newscastle cren que a peza atopada no forte de Vindolanda usouse como xoguete sexual

Un equipo de arqueólogos da Universidade de Newcastle, no Reino Unido, cren que un anaco de madeira con forma de pene podería ser un xoguete sexual de 2.000 anos de antigüidade. A peza achouse nas ruínas do forte romano de Vindolanda, preto do Muro de Adriano, en Inglaterra, na fronteira do que foi o Imperio Romano. Este xacemento xa era coñecido pola cantidade de motivos fálicos que se identificaron nas súas escavacións.

O Muro de Adriano marcaba un límite político moi tenso, posto que era alí onde os soldados romanos se enfrontaban aos bárbaros do norte. Naquela época, segundo traslada o equipo británico, os símbolos con forma fálida eran un signo de protección. De feito, as imaxes de xenitais masculinos pódense atopar en muros de pedra, en tapas de caixas e mesmo nos equipos de equitación que se atoparon en Vindolanda. Porén, o pene de maneira non se asemella a ningún outro obxecto achado no xacemento, nin en ningunha outra escavación da época romana.

Publicidade

Outras hipóteses: dende un morteiro ata un adorno

O pene de madeira atopado en Vindolanda, coas frechas A e B apuntanto a marcas de ferramentas. Crédito: R. Sands

A peza descubriuse en 1992 e, nun primeiro momento, pensouse que era un zurcidor. Porén, agora os investigadores propoñen outra hipótese e cren que se trata dun pene sen corpo. Os motivos que os inclinan a establecer esta tese é a liña tallada na punta, que se parece ao glande do apéndice. Ademais, o obxecto de madeira é bastante liso, o que presupón que puido estar en contacto rutineiro con outra superficie, sobre todo a través do rozamento.

Ademais desta primeira hipótese, os arqueólogos propuxeron outras posibles explicacións. En primeiro lugar, o utensilio —duns 160 milímetros de lonxitude—, podería terse utilizado como morteiro, especialmente deseñado para infusionar alimentos, cosméticos ou medicinas con propiedades espirituais. Porén, a ferramenta non parece capaz de triturar materiais brandos e, ademais, a ausencia de manchas ou decoloración no extremo romo do obxecto fixo que se descartase esta tese.

Tamén é posible que a peza de madeira fose en realidade un elemento ornamental, adornando unha estatua ou exposto no exterior dun edificio, algo habitual na Grecia e a Roma antigas. Os peóns podían fregar o pene para atraer a boa sorte. Ao non presentar signos de estar exposto á intemperie ou de ser retirado ou volto inserir nunha marca abrasiva, este uso tamén resulta improbable.

É posible que o antigo consolador non se utilizase para a penetración

A terceira e última explicación que propoñen os investigadores é a máis interesante: o pene antigo podería ser un consolador do século II d.C. “Sabemos que os antigos romanos e gregos utilizaban instrumentos sexuais; este obxecto de Vindolanda podería ser un exemplo diso”, afirma o arqueólogo Rob Collins, da Universidade de Newcastle. Hoxe en día poderíase chamar xoguete sexual, pero os arqueólogos que traballan no estudo pensan que ese termo podería non aplicarse na época romana.

“É posible que o seu uso non fóra exclusivamente sexual ou para o pracer do usuario”, explican. “Estes obxectos poden ser utilizados en actos que perpetuaban desequilibrios de poder, como entre unha persoa escravizada e o seu dono, como testemuña a recorrencia da violencia sexual na literatura romana”, apuntan no estudo. Por tanto, é posible que o antigo consolador nin sequera se utilizase para a penetración. De feito, os signos de desgaste no exterior do obxecto poderían favorecer a estimulación do clítoris.

As prácticas sexuais da antigüidade

Os investigadores tamén afirman que o artefacto mostra “un desgaste perceptiblemente maior en ambos os extremos en comparación co seu parte central”. Isto parece coincidir cos signos de desgaste dun consolador de bronce de 2.000 anos de antigüidade achado en China, aínda que os expertos afirman que é difícil comparar os patróns entre artefactos tan antigos.

Aínda que o falo de madeira da antiga Roma é “simple na súa forma”, os investigadores sospeitan que foi creado pola man dun artista. “O falo de Vindolanda é unha peza extremadamente rara“, afirma o arqueólogo Rob Sands, do University College de Dublín.

Interpretar o falo de madeira como un morteiro ou un amuleto da sorte poderían ser explicacións menos problemáticas e incómodas, pero os arqueólogos sosteñen que debemos “aceptar a presenza de consoladores e a manifestación de prácticas sexuais na cultura material do pasado.” O consolador máis antigo achado en arqueoloxía data de hai 28.000 anos. Con toda probabilidade, estes instrumentos sexuais forman parte da historia da humanidade.


Referencia: Touch wood: luck, protection, power or pleasure? A wooden phallus from Vindolanda Roman fort (Publicado en Antiquity)

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Desterradas por adulterio, o castigo do Imperio romano contra as mulleres con peso político

A investigadora Helena López da UVigo centra a súa investigación na violencia recibida polas integrantes das distintas familias imperiais

A excepcional historia da casa romana que se agocha baixo a muralla de Lugo

O museo lucense da Domus do Mitreo conmemora o 25 aniversario do descubrimento do xacemento no Pazo de Montenegro cun amplo programa de actividades

Como eran os campamentos romanos en Galicia? Un proxecto reconstrúeos en 3D

Un equipo de arqueólogos colabora xunto a deseñadores gráficos na elaboración dunha serie de contidos que tentan amosar a natureza dos asentamentos militares do Imperio Romano na provincia da Coruña

Quilómetros de antigas salinas na costa galega: os segredos da gran industria dos romanos

Un novo estudo revela que a maior concentración coñecida de fábricas de sal do Imperio atópanse entre o Douro e as Rías Baixas