Cantas veces hai que ducharse? Esta é a pregunta que lle lanzaron xornalistas da revista Time a expertos en saúde. O magazine que elixe ao Personaxe do Ano quixo esta semana levar á súa portada se temos bos ou malos costumes de hixiene. As respostas, lonxe de “unha vez ó día” reflectiron que con unha ou dúas veces á semana sería máis que dabondo. Comunmente, asociamos a ducha diaria con estar máis limpos, sen embargo este hábito pode resultar prexudicial. Unha pel moi limpa, resécase e se escama e isto facilita a o acceso de xermes e bacterias. O truco, ademais, non está en utilizar moito xabón, senón en facer fincapé na enxaboadura de orificios, traseiro e inguas; onde se producen secrecións de olor fortes. O resto do corpo, non necesita apenas xabón. E qué facemos co cabelo? En principio, mesmo. Aínda que non todos os cabelos precisan dos mesmos coidados, dúas veces á semana deberían ser suficientes.
Unha pel moi limpa, reseca e escamada, facilita o acceso de xermes e bacterias
A pesar destas recomendacións, os expertos recordan que así como non é necesaria unha ducha diaria de corpo enteiro, resulta extremadamente importante lavar moi ven as mans e a roupa; xa que é onde se acumulan as células mortas e a sucidade.
E por se isto non fora pouco, un estudo revela o alto índice de cabezais das duchas que se atopan atestados de patóxenos. A Universidade de Colorado en Boulder analizou 50 cabezais e concluíu que un 30% dos dispositivos albergaban importantes niveis de Mycobacterium Ayium. Este patóxeno está vinculado a enfermidades pulmonares. De feito, publican que o incremento das infeccións pulmonares das últimas décadas nos Estados Unidos, pode estar vinculado co feito de que a xente dúchase máis e báñase menos. O que significa que os cabezais distribúen as gotas cheas de patóxenos e estes poden ser inhalados máis facilmente.
Aproximadamente un 30% dos cabezais das duchas atópanse atestados de patóxenos
Outro dos factores a ter en conta á hora de darse unha ducha é a cantidade de auga que malgastamos cando nos duchamos e os efectos contaminantes que se producen. De feito, a Real Sociedade de Química (RSC en inglés) realizou unha enquisa na que se estudan os hábitos de ducha de catro países europeos e reflicte que ducharse durante máis de dous minutos é unha práctica equivocada. O informe declara que non se precisan máis de dous minutos para darse unha ducha e fai fincapé na necesidade de facer unha campaña de concienciación cidadá sobre o malgasto da auga e unha investigación dos efectos dos contaminantes arrastrados desde os desagües. “Temos que captar a mensaxe crítica de que a auga é un recurso prezado e cada vez en máis escaso. “Podemos aforrar enormes cantidades de auga utilizando menos cantidade cando nos lavamos, sen comprometer la hixiene”, concluye Richard Pike, presidente da RSC.