Sábado 21 Xuño 2025

O baile desta cacatúa revoluciona aos científicos de Harvard

A prestixiosa revista Current Biology publica un artigo sobre o fenómeno dun animal que baila espontáneamente coa música

Danzar é algo que fan moitos animais nos seus cortexos nupciais. Pero facelo ao ritmo da música é algo sumamente raro. De feito, os humanos son os únicos primates capaces de bailar. Por iso a cacatúa ‘Snowball‘ asombra ao mundo científico ata o punto de que esta semana é portada da revista ‘Current Biology‘, unha das máis prestixiosas do mundo.

No espazo dunha década, Snowball, a cacatúa que baila, pasou de ser unha sensación na internet á converterse en marabilla científica. A cacatúa de crista xofre media (Cacatua galerita eleonora) non só é adorable de ver, senón que tamén fai que nos deteñamos a reconsiderar a natureza do baile.

Publicidade

O “baile verdadeiro“, como o entenden os científicos, require un movemento espontáneo a un ritmo musical. O comportamento está presente en todas e cada unha das culturas humanas, pero, sorprendentemente, poucos animais poden unirse a nós na pista de baile, e iso é certo mesmo para os nosos parentes máis próximos no reino animal, como o resto dos primates.

En 2013, un león mariño chamado Ronan converteuse no primeiro mamífero non humano coñecido por moverse coa música, inclinando a súa cabeza cara aos Backstreet Boys. Pero o que Snowball pode facer é aínda máis notable. A cacatúa parece inventar un repertorio completo pola súa conta.

Publicidade

Os investigadores din que este paxaro pode balancearse, virar o corpo, golpearse a cabeza, balancealo de lado a lado e mesmo realizar algúns movementos que involucran diferentes partes do corpo, como pode ver no vídeo a continuación.

Todo comezou despois de que Snowball fixese o seu primeiro debut en Youtube. Cando o paxaron foi descubrindo novas melodías, mudou os pasos de baile para volverse máis e máis creativo.

Xa fascinado por esta ave, un equipo de neurocientíficos decidiu estudar o seu raro comportamento aínda máis de preto. Os investigadores identificaron 14 movementos individuais e dúas combinacións. A lista de reprodución para a que tiña coreografías propias dos oitenta incluía Another One Bites the Dust, de Queene Girls Just Want to Have Fun.

“O que máis nos interesa é a gran diversidade dos seus movementos na música”, di o autor principal do estudo Aniruddh Patel, psicólogo da Universidade de Tufts e a Universidade de Harvard. Os vídeos de Snowball resultan dabondo ilustrativos:

Os papagaios son obviamente recoñecidos pola súa capacidade para copiar humanos, pero hai unha boa razón para pensar que os novos movementos de baile de Snowball están máis aló da simple imitación. Durante os experimentos, non había outro humano na habitación.

O fenómeno levou ao equipo a supoñer que a cacatúa estaba a participar nun comportamento social creativo, interactuando co seu ‘rabaño’ humano nun nivel que vai máis aló dos desexos e necesidades básicas.

“Isto tamén sería notable, xa que a creatividade en animais non humanos xeralmente documentouse en comportamentos dirixidos a obter un beneficio físico inmediato, como o acceso a alimentos ou as oportunidades de apareamento”, conclúen os autores.

“Snowball non baila para comer ou para aparearse; en cambio, o seu baile semella un comportamento social que se usa para interactuar con coidadores humanos (o seu rabaño substituto)”

Aquí podes ler o artigo científico publicado por Current Biology

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Esta é a primeira imaxe dunha tartaruga xigante cazando un paxaro

Unha secuencia gravada nunha illa das Seychelles achega a primeira evidencia documental deste comportamento dun quelonio fronte a unha ave

O rastro no ADN doutra epidemia de coronavirus con máis de 20.000 anos de antigüidade

Unha análise de xenómica evolutiva atopa sinais de adaptación a un virus semellante ao SARS-CoV-2, principalmente en poboacións do leste de Asia

Un animal microscópico do Ártico volve reproducirse tras 24.000 anos conxelado

A revista "Current Biology" publica unha investigación que describe como un rotífero recuperou a vida no laboratorio tras ser desconxelado do permafrost

O distanciamento debería seguir ata 2022 se non hai unha vacina

Un estudo da Universidade de Harvard publicado na revista Science debuxa un panorama de confinamentos intermitentes a longo prazo