Venres 26 Abril 2024

Os catorce lobos que cambiaron o parque Yellowstone para sempre

Catorce lobos conseguiron cambiar para sempre o parque nacional máis antigo do mundo. Porque Yellowstone é un tamén un laboratorio de ciencias, aínda que en realidade non o pareza. E de feito foi o escenario do “experimento ecolóxico máis famoso da historia”, segundo un novo estudo.

Tras máis de 40 anos de investigación, o ecólogo Mark Boyce da Universidade de Alberta analiza como unha reintroducción de lobos en Yellowstone que comezou en 1995 terminou tendo enormes efectos ecolóxicos máis aló do que daquela calquera podería prever.

Publicidade

“Yellowstone beneficiouse da reintroducción de lobos en formas que non anticipamos, especialmente na complexidade das interaccións biolóxicas no parque”, explica Boyce . Os lobos non sempre foron tan populares. En 1872, cando Yellowstone foi nomeado parque nacional, non había protección legal para ningún dos animais silvestres existentes no seu interior, e durante as décadas vindeiras, os programas de sacrificio masivo mataron a miles de lobos, expulsando por completo a este carnívoro no ano 1926.

Esta expulsión forzada, con todo, tivo consecuencias involuntarias para o parque. En ausencia do depredador, a poboación de alces locais floreceu, con números en auxe que levaron a un sobrepastoreo masivo que resultou nunha deterioración xeneralizada en varias especies de plantas, o que á súa vez causou erosión da terra e diversos efectos noutros animais.

Un lobo na neve do parque Yellowstone.
Un lobo na neve do parque Yellowstone.

Nun escaso período de tempo de tan só uns anos, os alces substituíron ao lobo como os protagonistas dos problemas do ecosistema de Yellowstone, pero non foi ata décadas máis tarde que os chamamentos para reintroducir ao lobo finalmente foron escoitados.

“Finalmente, en 1995, 14 lobos de Alberta foron liberados en Yellowstone, complementados por outros 17 lobos canadenses en 1996″, escribe Boyce no seu artigo. No espazo de cinco anos, estes 31 individuos multiplicáronse en numerosas mandas independentes.

Como consecuencia, os alces baixaron de número e axudaron a provocar un fenómeno ecolóxico coñecido como unha fervenza trófica: unha redución da depredación (neste caso, das plantas que comen os alces) que desencadea cambios para outras especies afectadas ou diminuídas ao longo dunha cadea alimentaria interconectada.

No caso de Yellowstone, Boyce di que as plantas leñosas, o salgueiro e o álamo, en particular, se recuperaron grazas á redución de alces, do mesmo xeito que o bisonte, posiblemente grazas á menor competencia polo territorio.

En xeral, isto demostra unha fervenza trófica que o investigador describe como “un dos avances máis significativos en bioloxía da conservación deste século”.

Un vídeo impactante de YouTube que se viu case 40 millóns de veces conta a mesma historia, aínda que tamén foi criticado por simplificar en exceso as complexas interaccións do ecosistema. Aínda así, é definitivamente unha visión inspiradora:

Pero realmente sucedeu como di o vídeo? Numerosos estudos teñen sinalado que non é tan sinxelo. Estas voces argumentan que os alces non foron tan afectados como poderiamos pensar, e din que a restauración non está nin moito menos terminada . “É unha historia realmente romántica”, dixo o ecólogo Dan McNulty da Universidade do Estado de Utah nunha entrevista o pasado mes de abril. “É unha historia sobre un mundo que realmente non existe”. Desde este punto de vista, estamos a facer un dano científico a nós mesmos se nos enredamos demasiado no estereotipo do “lobo salvador“, porque ecoloxicamente hai moito máis en Yellowstone.

Algúns científicos critican a mitificación do ‘lobo salvador’ pero recoñecen o seu impacto

“Agora sabemos que os alces son máis resistentes e que Yellowstone é máis complexo do que antes pensabamos”, escribiu o ecólogo de vida silvestre Arthur Middleton de UC Berkeley en The New York Times en 2014. “Ao volver contar a vella historia sobre os lobos de Yellowstone, distraemos a atención dos problemas máis grandes, enganámonos a nós mesmos sobre os verdadeiros desafíos da xestión dos ecosistemas, e agregamos á mitoloxía que rodea aos lobos a expensas da comprensión científica”.

Esta polémica científica segue viva, pero desde a perspectiva da investigación de varias décadas de Boyce, non se pode negar que os lobos axudaron a dar forma a unha fervenza trófica no Parque Nacional de Yellowstone.

E o estudo tamén deixa outra consecuencia: o máis importante para Yellowstone non é a presenza de lobos, alces o bisontes. “Nunca veriamos estas respostas se o parque non seguise un paradigma de xestión de procesos ecolóxicos”, conclúe Boyce , “permitindo que se realicen procesos ecolóxicos naturais cunha intervención humana mínima”.

Aquí podes ler o artigo
Journal of Mammalogy

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

“O lobo é patrimonio de todos como o é a catedral de Santiago”

O investigador do CSIC e presidente da Sociedade Galega de Historia Natural, Serafín González, cualifica de “mala noticia” a revisión do status de protección da UE

Un de cada catro lobos en Galicia presenta infección por vermes cardiopulmonares

Un estudo no que participou a USC detectou en cadáveres do noroeste peninsular un parasito que ocasiona doenzas respiratorias en carnívoros

O censo do lobo estima 93 mandas reprodutoras en Galicia e confirma o avance da especie

Dende Patrimonio Natural confirman datos similares aos do seguimento anterior, manténdose a área de distribución territorial

E se cortar a herba da Pampa non servise para nada?

O biólogo e investigador da UDC Alejandro Martínez aporta un novo enfoque sobre unha especie invasora en Galicia: "imponse só cando non lle fan sombra"