Sábado 27 Abril 2024

Os monos tamén aprenden a escapar dos drones

Un estudo constata que os monos verdes (Chlorocebus sabaeus) miran cara ao ceo e corren a agocharse cando escoitan o zunido destes aparellos

Un estudo que publica a revista Nature Ecology and Evolution expón unha chamativa conclusión sobre o comportamento defensivo dos monos verdes (Chlorocebus sabaeus). Os científicos estaban avaliando a flexibilidade na produción vocal e a comprensión nestes primates, polo que decidiron facer voar un drone nunha zona na que puidese ser detectado por estes animais para observar como actuaban ante unha posible ameaza.

As reaccións en resposta ao avión non tripulado, segundo os autores do artigo, “eran claramente distintas das doutros depredadores, pero moi semellantes ás chamadas de alarma aérea dos monos Vervet” (Chlorocebus pygerythrus), uns parientes dos primates verdes dos que nunhca se observara a súa reacción ante un animal voador, o que suxire que a estrutura destas alertas é innata e se transmite. Como curiosidade, apuntaron que o son de aviso era “sorprendentemente semellante” ao que fan os seus ‘curmáns’, os monos Vervet, cando avistan ou escoitan unha aguia.

Publicidade

Para probar a rapidez da reacción ante os drones, o equipo científico reproduciu ata en tres ocasións o seu ruído. Os primates miraron cara ao ceo, e rapidamente correron a agocharse. Ademais, constatouse que as chamadas de alerta eran distintas ás que facían coa presenza doutros depredadores, como serpes ou leopardos.

A reacción era semellante á doutras especies cando avistan ou escoitan unha aguia

No caso dos monos Vervet, os investigadores tamén constataron que estes responden cunha estratexia determinada a cada ameaza: cando oen o chamada ‘leopardo’, ruben a unha árbore, cando é a do ‘aguia’, buscan no ceo, e cando a alarma é de ‘serpe’, páranse sobre dúas patas e permanecen inmóbiles.

O equipo liderado por Julia Fischer, xefa do Laboratorio de Etioloxía Cognitiva do Centro Alemán de Primates (DPZ, polas súas siglas en inglés), voou drons en África occidental a unha altura de 60 metros sobre máis de 80 monos verdes para desenvolver a súa investigación.

Posteriormente, reproduciron o son gravado do drone a 16 deses monos, que miraron cara ao ceo ou fuxiron. “Os animais aprenderon rapidamente o que antes era un son descoñecido e lembraron esta información. Isto demostra a súa capacidade para a aprendizaxe auditivo”, afirma Fischer, suxerindo que aprenderan de inmediato o que o indicaba o son. Segundo os investigadores, este achado implica que a estrutura da chamada de alarma é innata e está profundamente enraizada na historia evolutiva dos animais.

Referencia: Conserved alarm calls but rapid auditory learning in monkey responses to novel flying objects (Publicado en Nature Ecology and Evolution, 27 de maio de 2019).

1 comentario

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

E se cortar a herba da Pampa non servise para nada?

O biólogo e investigador da UDC Alejandro Martínez aporta un novo enfoque sobre unha especie invasora en Galicia: "imponse só cando non lle fan sombra"

A galega Mar Sobral, nova editora xefa dunha das revistas máis influíntes sobre ecoloxía

A investigadora da USC será unha das persoas que lidere 'Ecological Monographs', un proxecto editorial da Asociación Americana de Ecoloxía

WISE: un congreso para impulsar a igualdade e diversidade na Ecoloxía

Un equipo de investigadoras galegas impulsa o encontro, que se celebrará de forma virtual entre os días 4 e 6 de novembro

Aeromedia, de Oleiros, primeira operadora con permiso para voos nocturnos de drons

Convértese na primeira empresa de España no sector que obtén autorización para estas operacións e tamén en espazos aéreos controlados