A galega Mar Sobral, nova editora xefa dunha das revistas máis influíntes sobre ecoloxía

A investigadora da USC será unha das persoas que lidere 'Ecological Monographs', un proxecto editorial da Asociación Americana de Ecoloxía

Mar Sobral, investigadora distinguida do grupo EcoPast da USC, acaba de ser nomeada editora xefe asociada da publicación Ecological Monographs, pertencente á Asociación Americana de Ecoloxía. As liñas de investigación de Sobral céntranse nas relacións entre a selección natural e a plasticidade dos organismos profundando na comprensión das dinámicas evolutivas, así como na  relación entre os organismos e o ciclo do carbono mellorando o entendemento dos vínculos entre a vida e os ciclos bioxeoquímicos.

A investigadora desenvolveu estadías posdoutorais na Universidade de Stanford e no Centro de Ecoloxía Funcional e Evolutiva de Francia. Conferenciante en múltiples congresos internacionais, publica periodicamente artigos de divulgación e imparte charlas sobre a emerxencia climática e sobre igualdade na ciencia. É copresidenta da Comisión de Igualdade da Asociación Española de Ecoloxía Terrestre (AEET) e dedica gran parte da súa actividade á loita contra a discriminación de xénero no mundo académico.

Publicidade

Ecological Monographs publica traballos tanto en ciencias fundamentais como aplicadas alén de crear unha comunidade científica máis igualitaria, diversa e inclusiva, e atopar solucións aos desafíos que enfrontan as minorías. Sobral cualificou o nomeamento de “grande honra, privilexio e enorme desafío”.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Restaurar o patrón natural dos lumes axudaría a conservar os ecosistemas e evitar incendios perigosos

Un equipo trata de recuperar o comportamento tradicional dos incendios coa axuda da biodiversidade para reducir os riscos

O IGFAE colabora na detección da fusión de buracos negros máis grande xamais observada

Os centros LIGO-Virgo-KAGRA anuncian a identificación dunha onda gravitacional que abre novas perspectivas no estudo destes eventos cósmicos

A RAGC entrega os seus premios anuais de transferencia, divulgación e xornalismo

Os avances de NeurObesity e o grupo I+D Pharma foron recoñecidos xunto ao traballo de Galiciencia e Lucía Cancela

Deseñan na USC modelos 3D para reproducir un tumor con fibras de hidroxel

O estudo permite a simulación tridimensional nunha única fibra estable que facilita a manipulación experimental en tres fases: líquida, xel e gas