Hai máis microbios no teu teléfono que na taza do váter

Os teléfonos celulares transportan 10 veces máis bacterias que a maioría dos inodoros. Varios estudos nos últimos anos confirman que é mais doado coller unha infección por usar o móbil que por ir ao váter. O máis importante foi realizado na Universidade de Arizona e o investigador principal, Charles Gerba, facía esta pregunta: “Cando foi a última vez que limpou o seu teléfono celular?”

Aínda que os inodoros tenden a limparse con frecuencia, debido a que as persoas asocian o baño con xermes, teléfonos celulares e outros obxectos comunmente manexados, como controis remotos  ou o mando a distancia da televisión adoitar quedan fóra da rutina de limpeza.

Publicidade

Os teléfonos celulares recollen xermes todo o tempo, dixo Gerba. “Vexo á xente falar por teléfono nos baños”. De feito, un recente estudo nos Estados Unidos revelou que o 75 por cento das persoas emprega o móbil mentres está no retrete.

Con todo, a cantidade de xermes nun teléfono non é o problema, senón compartir teléfonos entre persoas. Sen compartir, cada teléfono leva só un conxunto de xermes, e con isto baixa o risco de que enferme o seu dono. “O problema cos teléfonos é que estamos en contacto constante con eles, e pasan moito tempo moi preto das nosas caras e bocas”, explicou o investigador de Arizona.

Publicidade

Os nosos móbiles son, polo tanto, un reservorio de xermes. E mesmo poden ter consecuencias no eido hospitalario, como revelou un estudo publicado no 2014 no Journal of Clinical and Diagnostic Research. O traballo pretendía determinar se os riscos dos teléfonos en infeccións micosomiais eran ‘mito ou realidade’. E concluíron que se trata dunha ameaza real e que o persoal sanitario debe limitar o seu uso.

Para limitar a propagación de enfermidades de teléfonos ou outros obxectos, o mellor é non compartilos, ou limpalos regularmente cunha toalliña antibacteriana.

Aquí podes atopar estudos científicos sobre o tema:
Bioxeografía microbiana en baños públicos (PLOS ONE, 2011)

O teléfono celular como reservorio bacteriano (JCDR, 2014)

Por que o teu móbil ten máis microbios que unha toalla? (Arizona University, 2012)

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A bacteria que me ensinou a vivir

Crónica en primeira persoa dunha supervivente de endocardite

Europa amplía o número de especies afectadas pola covid das plantas que ameaza Galicia

Un informe cifra en 728 os vexetais susceptibles á 'Xylella fastidiosa', unha bacteria que causa enfermidade grave e incluso a morte nalgúns cultivos clave para a economía comunitaria

A imparable expansión da covid das plantas: así se propagou ‘Xylella’ no norte de Portugal

A perigosa bacteria detectouse por primeira vez en Vila Nova de Gaia nunha planta de lavanda francesa en 2019

A microbiota intestinal abre unha nova vía para previr a deterioración cognitiva

Un equipo do CSIC identifica en persoas maiores de 55 anos sas unha relación entre o ecosistema microbiano e a actividade cerebral asociada á memoria, á linguaxe e ás emocións