Venres 29 Marzo 2024

Hoxe é o día de pi (π), que é moito máis que 3,14

Cada 14 de marzo o mundo celebra o día deste número irracional que é unha marabilla matemática define a relación entre a circunferencia e o diámetro

Pi é a décimo sexta letra do alfabeto grego e unha das constantes matemáticas máis coñecidas: 3,14159265358979… Tanto é así que, dende hai 26 anos, se celebra o día de aproximación ao seu valor: o 14 de marzo (que nos Estados Unidos se escribe 3.14). Pero todos sabemos que este número é moito máis longo. Ata o de agora, os matemáticos conseguiron descifrar 10 billóns -millóns de millóns- de díxitos de Pi. Aquí poden consultarse os 100.000 primeiros.

A letra grega pi foi elixida polo profesor de matemáticas galés do século XVIII William Jones. Antes do seu uso a principios do século XVIII, a cantidade estaba representada por termos e fraccións, ningún dos cales reflectía axeitadamente unha secuencia incomprensible e infinitamente larga de decimais non repetidos. Jones sospeitaba que “‘a proporción exacta entre o diámetro e a circunferencia nunca se poderá expresa en números”, pero non foi ata a década de 1760 que o erudito suízo Johann Lambert presentou unha proba da súa irracionalidade. Pi era efectivamente un número irracional, os que se caracterizan por posuír infinitas cifras decimais que non seguen ningún patrón repetitivo.

Publicidade

Cando se calculou pi por primeira vez?

Semella que os humanos fomos conscientes dende unha época moi temperá de que se necesitan aproximadamente tres diámetros para formar unha circunferencia, sen importar o seu tamaño. Esa relación sempre era a mesma, tanto para a roda dun carro como para deseñar un anfiteatro romano. Mesmo hai evidencia desta proporción nas matemáticas dos antigos babilonios, fai uns 4.000 anos, que entenderon que o perímetro dun hexágono que se atopa perfectamente dentro dun círculo era igual a seis veces o seu radio, o que nos dá un valor de 3,125. Non era exacto, pero por aí lle andaban…

O papiro Rhind, producido aproximadamente en 1650 a.C. no Antigo Exipto, afirmaba que un “1/9 dun diámetro e construíndo un cadrado sobre o resto; isto ten a mesma área que o círculo”, o que equivale a un valor de 3,16049. Arquímedes de Siracusa tamén logrou resolver o problema. Utilizando polígonos como os babilonios, multiplicando os lados, atopou un valor máis teórico de entre 3 e 1/7, e 3 e 10/71.

O papiro de Rind, con aproximacións ao número pi.

Pi decontado foi moi popular porque é un axioma, un principio fundamental, que pode ser usado para axudar a describir unha ampla gama de fenómenos e conceptos na física e a xeometría. Isto fai que sexa moi útil nunha ampla gama de aplicacións para analizar e describir o mundo natural, desde os meandros dos ríos ata a construción de átomos.

O número Pi é a relación entre a lonxitude dunha circunferencia e o seu diámetro. Pero tamén mide hoxe os límites da propia memoria dos seres humanos. Porque hai varios rankings internacionais de memorización de díxitos. O campión do mundo de recitar decimais de pi é o chino Lu Chao, que chegou a 67.890 díxitos. O xaponés Hiroyuki Goto di que sabe 100.000 cifras. E un galego, Javier Barral Lijó, ten dende o ano 2020 o récord de España de memorización de decimais de pi. Recitou durante dúas horas e media un total de 15.469 díxitos. El mesmo recoñeceu que esta fazaña foi posible grazas ao confinamento cosecuencia da pandemia. Mentres algúns veían series, el memorizaba o número pi…

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O matemático Eduardo García Río ingresa na Academia de Ciencias 

O catedrático de Xeometría e Topoloxía da Universidade de Santiago incorpórase á sección de Matemáticas, Física e Ciencias da Computación

Elena V. Cendón: “As científicas temos que asumir que merecemos recoñecementos”

A matemática e investigadora da USC repasa a súa traxectoria após de recibir o premio María Josefa Wonenburger pola súa carreira

Elena Vázquez Cendón, premio María Josefa Wonenburguer

O galardón creado pola Xunta en 2007 para distinguir a investigadoras galegas recoñece a doutora en Ciencias Matemáticas e decana da USC

Preto de 300 escolares achéganse ás matemáticas dun xeito “compresible e divertido”

No proxecto 'Te lo cuentan las matemáticas', do grupo de innovación docente MaReMa