Hawking convida ao seu funeral a persoas que aínda non naceron (e ti podes apuntarte)

Ninguén pode negar que o físico Stephen Hawking foi un home xenial. A súa morte en marzo causou fondo pesar entre os amantes da ciencia. E os organizadores do seu funeral non queren excluír a ninguén, nin sequera aos nados no futuro.

O funeral de Hawking xa se realizou o 31 de marzo en Cambridge, pero agora é o momento da despedida final e o enterro das cinzas. O Servizo de Acción de Grazas para Stephen Hawking vaise celebrar na Abadía de Westminster, en Londres, o vindeiro venres 15 de xuño de 2018.

Publicidade

E hai unha boleta para gañar un dos 1,000 espazos dispoñibles para os membros do público, e as aplicacións van seleccionarse ao azar. O curioso é que pode apuntarse calquera persoa nacida entre 2019 e 2038. E non se trata dun erro. Segundo a Fundación Stephen Hawking: “Non podemos excluír a posibilidade de viaxar no tempo, xa que non foi refutada para a nosa satisfacción”, dixo un portavoz á BBC. “Todo é posible ata que se demostre o contrario”, concluíron.

A tumba de Isaac Newton na abadía de Westminster.
A tumba de Isaac Newton na abadía de Westminster.

Hawking xa fixo na súa vida unha chiscadela coa idea da viaxe no tempo. Aínda que realmente non cría que algunha vez poidamos regresar ao pasado, unha vez organizou unha festa para viaxeiros no tempo.

Publicidade

“Teño evidencia experimental de que viaxar no tempo non é posible”, dixo Hawking aos xornalistas no Festival de Ciencias de Seattle en 2012. “Organicei unha festa para viaxeiros no tempo, pero non enviei as invitacións ata despois da festa. Estiven alí moito tempo, pero ninguén apareceu”.

Agora parece que a Fundación Stephen Hawking está disposta a repetir ese experimento, a pesar dos resultados desalentadores do propio profesor. As cinzas de Hawking descansarán entre a tumba de Sir Isaac Newton, que foi enterrado alí en 1727, e o lugar de descanso final de Charles Darwin, sepultado en 1882.

O mellor de todo é que calquera pode optar a esta presente na cerimonia. Porque está habilitada unha páxina web para apuntarse. Prazo finaliza este martes 15 de maio, un mes antes da cerimonia. Agás que sexas un viaxeiro do tempo, e poidas apuntarte con anterioridade. Así poida que esteamos a escribir esta reportaxe para alguén que aínda non naceu, pero que está a apuntarse agora mesmo. Soa complicado, pero calquera cousa é posible tirando do famoso condensador de fluzo.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Lembrando a Stephen Hawking cun sistema para persoas con mobilidade extremadamente reducida

Alumnos de Enxeñaría de Telecomunicacións on seleccionados para participar nunha competición internacional de Intelixencia Artificial cun innovador proxecto

Unha moeda na honra de Hawking no aniversario da súa morte

Este venres cúmprese un ano da morte de Stephen Hawking, un...

A ‘Breve historia do tempo’ de Stephen Hawking, en galego

A USC edita a tradución da célebre obra do físico británico, impulsada polos físicos Jorge Mira e José Edelstein

A teoría póstuma de Hawking

Antes de morrer, o físico británico deixou escritas novas ideas sobre o cosmos, nas que apunta que o universo é finito é máis simple do que se cría