Sábado 27 Abril 2024

Comproba cantos habitantes tiña o teu concello en 1900

Así foron os grandes cambios na distribución da poboación nos últimos 118 anos; as capitais multiplicáronse e a maioría dos concellos perderon habitantes

Sabías que Ortigueira, A Fonsagrada ou A Estrada ocupaban os primeiros postos na lista de concellos con maior poboación de Galicia no ano 1900? Que Pantón tiña máis habitantes ca Monforte? A distribución dos galegos hai 119 anos era bastante máis homoxénea e dispersa ca hoxe. Se hoxe aínda se fala do fenómeno da dispersión, habería que mirar cara a atrás e observar a paisaxe daquel tempo, pois esta dispersión sería aínda moito maior.

Os datos do Instituto Nacional de Estatística permiten comprobar a poboación “de feito” que tiña cada un dos municipios do país en 1900. É o concepto utilizado naquel tempo, segundo indica o INE, para definir o número de persoas que pernoctaron no municipio na data na que se fixo o censo. Un termo distinto, e que varía lixeiramente en número, ao da poboación de dereito, entendida como a das persoas que teñen oficialmente a súa residencia neste municipio na data do censo.

Publicidade

Hai que ter en conta, do mesmo xeito, que os concellos non son hoxe exactamente os mesmos ca na Galicia de 1900. Algúns desapareceron, outros fusionáronse e outros segregáronse, e mesmo algunhas parroquias cambiaron dun concello a outro. Por exemplo, Cariño formaba parte de Ortigueira, e Negueira de Muñiz, da Fonsagrada, e por outra banda, Bouzas e Lavadores eran aínda independentes de Vigo. Outros, como A Illa de Arousa, Burela, Ramirás, Rábade, Pontecesures, A Pontenova ou Ribeira de Piquín non existían como tal. Polo demais, o resto dos datos de habitantes aparecen no mapa que podes consultar baixo estas liñas:

5 COMENTÁRIOS

  1. Pois eu son outro dos que se queda en branco, pois si ben o meu concello non moveu os marcos, atendendo o coor do mapa o meu concello non variou nada. Si en 1900 tiña entre 1000 e 5000, ahora tamén. (Por outros medios non tan sofisticados sei que en 1900 tiña case 4000 e ahora algo mais de 1000).

  2. Bueno, tendo en conta que no 1900 había outros concellos que non se reflicten no mapa, por ser este dos concellos actuais, pois resulta que quedo sen saber cantos habitantes tiña o meu concello daquela. O meu concello foi asumido polo de Pontevedra nos anos sesenta…

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A reconquista da oliveira galega: “As súas características botánicas fana única no mundo”

Este venres presentouse o ‘Grupo Operativo’ do CSIC que traballa na recuperación do oliveiral tras séculos abandonado na comunidade

Un tren de borrascas traerá abundante chuvia e descenso térmico a Galicia na ponte de maio

A vindeira semana estará marcada pola alta probabilidade de precipitacións en todo o territorio, con temperaturas que non superarán os 15 graos

Gripe H5N1: a próxima pandemia?

Unha variante do virus, presente dende 2020, está a causar mortalidades nunca vistas en aves, tanto domésticas como silvestres

Catro galegos proban o primeiro fármaco contra o fígado graxo nun ensaio clínico pioneiro

O tratamento, que acaba de ser aprobado en Estados Unidos, pode tardar dous anos en estar dispoñible en España