Científicos galegos crean novos sensores para detectar tumores

Investigadores das universidades da Coruña e de Santiago publican o novo achado na revista Scientific Reports

Se a poboación dunha pequena cidade medrase de xeito rápido e desproporcionado, a consecuencia natural sería que os servizos básicos (como a auga, o saneamento ou mesmo os alimentos dispoñibles) non alcanzarían a cubrir as necesidades de tódolos seus habitantes.

Algo semellante ocorre cando as células tumorais penetran un tecido: a seu indesexada presenza provoca un incremento substancial no consumo de nutrientes e osíxeno, o que fai inabarcable a subministración desde os vasos sanguíneos a toda a poboación de células asentadas no tecido invadido. Malia todo, as células tumorais conseguen sobrevivir aproveitando certos mecanismos dos que dispón o organismo, grazas aos cales poden aumentar o número de vasos e obter así os nutrientes e o osíxeno que precisan.

Publicidade

A nivel científico-clínico, a posibilidade de detectar a activación destes mecanismos é de gran relevancia, xa que o seu coñecemento permite valorar o grao de agresividade dun determinado tumor. Nun estudo recente publicado na revista Scientific Reports, que edita o grupo ‘Nature’, un equipo integrado por científicos dos centros de investigación galegos CICA (Universidade da Coruña ), CiMUS CiQUS (Universidade de Santiago de Compostela) conseguiu desenvolver sensores que reproducen o mecanismo que activan as células tumorais cando detectan baixos niveis de osíxeno.

Ou o que é o mesmo: os científicos forno quen de crear unha réplica do seu modus operandi á hora de inducir a formación de novos vasos sanguíneos, imprescindibles para a chegada de máis nutrientes e osíxeno ao tecido.

Publicidade

Os novos sensores están dotados da capacidade para activarse e emitir luz (é dicir, para “acenderse”), o que segundo os investigadores facilita “non só a detección do tumor, senón tamén estudar o seu comportamento”.

E aquí podes acceder ao artigo publicado en Scientific Reports:

A Bio-inspired Hypoxia Sensor using HIF1a-Oxygen-Dependent Degradation Domain

Pablo Iglesias, Cristina Penas, Laura Barral-Cagiao, Elena Pazos & Jose A. Costoya

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un centro da USC lidera unha rede europea arredor dos mecanismos xénicos das enfermidades humanas

O proxecto DECODES, coordinado polo CiMUS, contará con 4,5 millóns de euros e formará 15 investigadores predoutorais para estudar o papel do ‘splicing’

O CiQUS desenvolve materiais orgánicos porosos semicondutores sen necesidade de dopantes

O traballo, froito da colaboración entre tres grupos de investigación, permite incorporar portadores de carga directamente na estrutura, preservando as súas propiedades cristalinas

Un proxecto galego propón usar nanopartículas inocuas en inmunoterapias celulares

A iniciativa Nano-ARN, liderada pola investigadora da USC María José Alonso, busca comercializar a través dunha 'spin-off' un reactivo con alta capacidade de integración do ARN

O exceso de frutosa pode debilitar as defensas naturais das arterias fronte á calcificación

Unha investigación da USC revela que a exposición prolongada ao monosacárido altera a produción de enerxía no fígado