Envía o teu nome a Marte

A NASA ofrece a posibilidade de que o teu nome figure nun microchip de silicio que levará a Marte o ‘aterrizador’ Insight, que en marzo do ano que vén parte cara ao planeta vermello para estudar a súa estrutura interna e que conta con tecnoloxía española. Só tes que inscribirte na web da campaña da axencia espacial estadounidense antes do 8 setembro.

Cartel da campaña da NASA.
Cartel da campaña da NASA.

No teu boarding pass figurarán datos da viaxe, como a distancia que percorrerá o teu nome (479.271.181 km) e o lugar de aterraxe: Elysium Planitia, a ‘chaira da felicidade ideal’.
De momento, a axencia emitiu preto de 110.000 tarxetas de embarque. Quen queira unha destas ‘boarding pass’ o único que necesita é entrar na Web habilitada pola NASA, rexistrar os datos persoais (Nome, email e país) e compartilo en redes sociais para difundir a iniciativa.
Non é a primeira vez que a NASA aposta pola colaboración cidadá. Xa no 2009 propuxo enviar nomes que se gravarían nuns chips integrados na misión do Curiosity, unha acción na que se rexistraron máis de 1.2 millóns de nomes que, finalmente, chegaron a Marte abordo do Rover en agosto do 2012.

1 comentario

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Como viviron os astronautas de Artemis II? A NASA revela centos de imaxes e audios inéditos

Trátase do primeiro conxunto de información planetaria recompilada principalmente por seres humanos en máis de medio século

Queres ter un anaco do cosmos? A NASA permite adoptar un píxel do Grace Roman

A iniciativa permite obter unha pequena parte das primeiras imaxes do observatorio espacial, que ten un campo de visión cen veces maior ca o do telescopio Hubble

30 segundos de incerteza marcan o novo fito da NASA: así foi o lanzamento do telescopio Grace Roman

O último observatorio da axencia espacial estadounidense xa saíu da atmosfera terrestre e agárdase que produza as primeiras imaxes a principios de 2027

Begoña Vila, ante o lanzamento do telescopio Grace Roman: “Só teremos 30 segundos”

A astrofísica da NASA asegura que o novo observatorio producirá en cinco meses a mesma cantidade de datos que enviou Hubble nos 36 anos que leva operativo