É este o dinosauro máis grande xamais atopado no planeta?

Un investigador sostén, á espera de que os resultados do seu estudo sexan revisados e publicados, que atopou un exemplar de case 40 metros de lonxitude

Recreación do Supersaurus en comparación co dinosauro carnívoro Allosaurus. Foto: Sean Fox/Gustavo Monroy/Fossil Crates
Recreación do Supersaurus en comparación co dinosauro carnívoro Allosaurus. Foto: Sean Fox/Gustavo Monroy/Fossil Crates.

A ‘medalla de ouro’ do dinosauro máis grande do planeta (polo menos do que hai constancia) podería ter novo dono. De confirmarse a información que recolle LiveScience, e que foi comentada a comezos de novembro na conferencia anual da Sociedade de Paleontoloxía de Vertebrados nos Estados Unidos, o Supersaurus, que chegaría a alcanzar preto de 40 metros de lonxitude, obtería este ‘recoñecemento.

Segundo os exposto na citada reunión científica, o achado estaría á espera de ser aceptado nunha publicación revisada por pares, e viría a solucionar unha incógnita que se estendeu durante décadas, arredor dunha ‘ensalada’ de fósiles atopada en 1972. A investigación que lidera o paleontólogo Brian Curtice, do Museo de Historia Natural de Arizona, está moi preto de confirmar este novo ‘récord’ de lonxitude, ata agora en posesión do Diplodocus, de ata 33 metros, segundo as análises realizadas a un individuo coñecido como Seismosaurus e publicadas en 2006 por investigadores do Museo de Historia Natural de Novo México.

A investigación remóntase, por tanto, case 50 anos atrás, cando se atoparon os primeiros restos que foi necesario peneirar para determinar cales pertencían ao Supersaurus e cales non. O paleontólogo Jim Jensen atopou, entre outros, un óso de 2,4 metros de lonxitude que conformarían a cintura deste enorme animal, xunto a fragmentos que, nun primeiro momento, foron atribuídos a outros individuos.

Porén, as novas evidencias reunidas por Brian Curtice apuntan a que todos os fósiles do xacemento pertencen ao mesmo dinosauro e, por tanto, poderían axudar a confirmar a maior lonxitude do Supersaurus. Non sería, con todo, o dinosauro máis pesado, un ‘título’ que segue mantendo o Argentinosaurus, que pesaba máis de 90 toneladas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.