Venres 19 Abril 2024

Cantos máis amigos teñas, máis resistencia á dor terás

Din que os amigos son a familia que eliximos, as persoas que temos ó noso carón nas boas, e tamén os primeiros en aparecer cando as cousas van mal. Un apoio incondicional que ademais, fai aumentar a nosa resistencia á dor física.  De acordo a un recente estudo realizado pola Universidade de Oxford e publicado na revista Nature, canto maior sexa o círculo de amigos dunha persoa, maior resistencia mostrará ás doenzas.

O estudo titulado O tamaño da rede social humana determina a resistencia á dor, comprobou a relación entre os limiares da dor e as dimensións do círculo social, demostrando que as persoas con grandes grupos de amigos teñen un maior nivel de endorfinas. Unha sustancia química producida polo corpo que está vinculada aos sentimentos de pracer, reduce a incomodidade física e constitúe un analxésico natural en toda regra, máis potente incluso que a morfina, de acordo con investigacións anteriores.

Publicidade

As interaccións sociais están vinculadas ao noso benestar físico e mental

Como parte da investigación, 101 voluntarios de idades comprendidas entre 18 e 34 anos completaron un cuestionario sobre a súa vida social e de personalidade antes de someterse a unha medición do seu nivel de resistencia á dor. Esta consistiu na realización dun exercicio físico de cuadríceps que consistía en poñerse en crequenas contra unha parede, coas costas rectas e os xeonllos en ángulo recto, e permanecer nesa posición ata non poder soportalo máis.

Os investigadores atoparon que as persoas cos círculos sociais máis grandes tiveron unha maior resistencia á dor. Ademais, os individuos máis desenvolvidos fisicamente tamén podían soportar a dor durante períodos máis longos, xa que a actividade física tamén promove a liberación de endorfinas.

Dalgunha maneira, este estudo tamén pon de relevo que é preciso coidar as interaccións humanas porque están vinculadas ao noso benestar físico e mental. Segundo explica Katerina Johnson, estudante de un doutorado en Psicoloxía Experimental e coordinadora do estudo: “Como especie, evolucionamos para prosperar nunha contorna social rica; e, en cambio, nesta era do dixital as deficiencias nas nosas interaccións sociais poderían ser un dos factores que pasamos por alto e poden estar a contribuír á deterioración da saúde da nosa sociedade moderna”.

Para máis información,
consulta o estudo completo na Revista Nature

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

As augas subterráneas esgótanse de forma acelerada en todo o planeta

A tendencia global mostra unha diminución xeral dos acuíferos pero con políticas de xestión proactiva é factible mellorar a situación

A bacteria causante da sífilis estaba en América polo menos 1.000 anos antes de Colón

Un estudo con participación atopa o xenoma máis antigo coñecido deste patóxeno despois de analizar restos humanos prehistóricos de Brasil

Percibimos menos risco de contaxiarnos de covid con amigos próximos

O "efecto amigo-escudo" deriva nunha menor percepción das posibilidades de infectarnos cando estamos no noso círculo íntimo

Científicos galegos detectan un cancro contaxioso entre os moluscos

Berberechos, ameixas e mexillóns transmítense unha neoplasia similar á leucemia dos humanos