As perfebas das nosas pálpebras case poden falar.

Así falan as nosas pestanas: a duración do pestanexo cambia a mensaxe

Capelexar non só nos axuda a manter os ollos lubricados. Investigadores neerlandeses revelaron que durante unha conversa, as persoas interpretan o pestanexo do seu interlocutor como unha resposta. Segundo o estudo, os pestanexos máis longos enténdense como un xesto de comprensión. Nunha conversación, basta con asentir coa cabeza para que o falante saiba que estamos de acordo. Ademais, outros movementos ou xestos como engurrar o cello ou cruzar os brazos poden comunicar tanto como a linguaxe.

Agora, un grupo de investigadores do Instituto Max Planck de Psicolingüística dos Países Baixos, quixo comprobar se outras accións máis sutís afectan tamén á interacción cara a cara e descubriu que ao pestañexar, os seres humanos lle damos resposta a quen nos fala.

“Os nosos achados amosan que un dos movementos humanos máis sutís, o pestanexo dos ollos, semella ter un efecto sorprendente na coordinación da interacción humana cotiá”, subliña o especialista Paul Hömke, líder da investigación.

Segundo o estudo, publicado esta semana na revista PLOS ONE, as persoas perciben inconscientemente o pestañexo como un sinal de comunicación e modifican o seu discurso en función da súa interpretación do aceno.

É dicir, contestamos de xeito diferente se quen pregunta realiza pestanexos longos ou curtos, que se diferencian só por uns milisegundos de duración. En concreto, elaboran respostas máis breves cando o outro interlocutor parpadea máis lento. Para os expertos, unha posible explicación a isto é que capelexar longo pode ser entendido como un xesto facial de comprensión. Por iso, se é máis longo, o falante percibe que a outra persoa recibiu información dabondo, polo que dá explicacións máis breves.

As nosas pálpebras teñen moito que dicir.

“Aparentemente, o pestanexo de máis duración transmite que a persoa entendeu o que se lle conta. Desta forma, cando o falante ve ese pestanexo, non sente a necesidade de clarexar as súas respostas ou de articular unha mensaxe máis elaborada, polo que seguirá respondendo de xeito breve”, declara Hömke.

CPara chegar a estas conclusións, os investigadores desenvolveron un novo sistema experimental baseado en tecnoloxía de realidade virtual no que un avatar fai preguntas e pestanexa. Durante o ensaio, os participantes tiñan que manter conversacións con tres avatares diferentes e responder a preguntas abertas como “que tal foi a túa fin de semana?” ou “que fixeches?”.

Mentres, os especialistas controlaban as respostas non verbais da máquina e variaban a duración mentres capelexaban. Segundo os resultados, as persoas distinguían as chiscadelas longas das curtas de xeito inconsciente, xa que, tras as probas, ningún dos participantes afirmou notar cambios no xesto do avatar.

Para os investigadores, este achado reforza a idea de que unha conversa é unha actividade conxunta na que interveñen tanto o emisor como o receptor con linguaxe verbal pero tamén con todo tipo de accións ou xestos.

E aquí podes ler o artigo na revista Plos One

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.