Primeiro ‘selfie’ da sonda Insight sobre o planeta Marte

O pasado 6 de decembro, a sonda InSight da NASA estaba a tomar o seu primeiro ‘selfie’ no planeta Marte. Usando unha das cámaras do seu brazo robótico, captou unha serie de 11 imaxes que, unha vez superpostas, serviron para crear o mosaico coa imaxe completa da nave.

É o mesmo proceso que adoita utilizar o rover Curiosity para retratarse no planeta vermello. No selfie de InSight pódense observar os seus paneis solares e toda a cuberta deste módulo de aterraxe, incluíndo os seus instrumentos científicos, a antena UHF e os dous sensores meteorolóxicos TWINS (pezas brancas situadas aos lados) de fabricación española.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Carlos García-Galán: “Chegar á Lúa é o primeiro paso, agora o obxectivo é vivir alí permanentemente”

O director do proxecto 'Moon Base' da NASA visita Galicia para analizar os desafíos científicos e tecnolóxicos de crear unha base humana no satélite

Como escribe a Terra o teu nome? Descúbreo con esta ferramenta da NASA

O programa Landsat conta co espazo “Your name in Landsat”, que recolle unha galería de imaxes satelitais que amosan accidentes xeográficos en forma de letras.

Conta atrás para o regreso de Artemis II: calor extrema, silencio e amaraxe no Pacífico

A tripulación da nave Orión revisa os protocolos finais e prevé o descenso fronte á cidade de San Diego na madrugada do sábado, hora española

De Apolo a Artemis: cincuenta anos de misións lunares a través das súas imaxes

As fotografías tomadas polas tripulacións da NASA ao longo do tempo documentan os primeiros sobrevoos do satélite