A nova música deixa de interesar aos 33 anos

Existe unha determinada idade á que os nosos gustos musicais “maduran”. E non necesariamente no mellor sentido da palabra. Chegan os fillos, impóñense as carreiras profesionais e así, un bo día, deixamos atrás a nova música para dedicarnos ao que comunmente se denomina mainstream. Iso acontece aos 33 anos, segundo un estudo publicado en Skynet & Ebert, baseado en datos de usuarios estadounidenses da plataforma de música en streaming ou sen descarga Spotify e da compañía de análise de datos sonoros The Echo Nest.
O coñecemento destes datos é o que provoca que, por exemplo, os organizadores da Superbowl, un evento masivo en Estados Unidos e cunha audiencia media de 44 anos, fosen o suficientemente intelixentes para combinar unha actuación de Kate Perry no espectáculo do descanso con outra de Missy Elliott.

Missy Elliot
Missy Elliot.

Segundo este estudo, mentres que o gusto musical dos adolescentes está absolutamente dominado pola música máis popular, esta proporción vai diminuíndo drasticamente durante a vintena, antes de que o seu gusto madure “cando pasan aos 30 anos”.
“Ata os primeiros 30 anos, a música mainstream representa cada vez menos proporción das súas escoitas. Pero na metade da trintena, o gusto do oínte medio xa madurou e xa é o que vai ser”, sentencia o estudo.
Outra conclusión é que o cambio é máis suave nas mulleres e máis brusco nos homes. Elas comezan un declive nas súas escoitas de música pop dende os 13 ata os 49 anos. Eles, pola contra, cambian subitamente ao chegar á trintena e deixan de escoitar as cancións máis famosas do momento.
Ademais, o estudo, titulado Music was better back then (A música era mellor antes), apunta que converterse en pai ten un impacto equivalente a envellecer catro anos nas escoitas musicais.
Muse
Muse.

Así, se pode dicir que o axioma “a música era mellor nos meus tempos” é unha batalla que se libra entre pais que superan os 35 anos e as súas fillas adolescentes, con homes solteiros e nais na vintena tirando en ambas as dúas direccións.
Spotify conta cun perfil do gusto para cada usuario activo, unha ferramenta interna para a personalización que computa as veces que un oínte escoita determinado artista. Eses datos, combinados cos da lista de artistas hottness de The Echo Nets, permite establecer rangos de popularidade.

  • A xaneiro de 2015, eran os seguintes:
    Taylor Swift tivo un rango de popularidade de número 1
    Eminem tiña un rango de popularidade de 50
    Muse tiña un rango de popularidade de ao redor de 250
    Alan Jackson tiña un rango de popularidade de ao redor de 500
    Norah Jones tivo un rango de popularidade de ao redor de 1.000
    Natasha Bedingfield tiña un rango de popularidade de sobre 3.000

Con todos eses datos, pódese concluir que os gustos dos adolescente media en Estados Unidos coinciden notablemente con ese listado. Tras superar a adolescencia, cara aos 20 anos, os seus gustos saen do círculo de popularidade. Ata os 30 anos, a música comercial representa unha proporción cada vez máis pequena do seu streaming. E superada esa idade, o oínte medio xa é quen vai ser. Curiosamente, este efecto é moito máis pronunciado para os homes que para as mulleres.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A música e o baile tradicionais galegos, declarados bens de interese cultural

A Xunta de Galicia recoñece o seu valor como patrimonio inmaterial, garante a máxima protección legal e destaca o papel das comunidades portadoras e do tecido asociativo na súa transmisión

Por que non me podo sacar esa canción da cabeza? A neurociencia explícao

A neurociencia explica por que certas melodías se repiten sen cesar na nosa mente, activando áreas cerebrais vinculadas á memoria e ás emocións

O mapa musical de Galicia: as citas máis importantes do verán

Os Concertos do Xacobeo 2025 traen este ano 40 eventos e máis de 500 artistas para reforzar a posición da comunidade a nivel internacional

Unha viaxe virtual polas grandes voces da lírica galega grazas á realidade aumentada

A USC e o CESGA crean unha exposición en homenaxea a destacadas cantantes galegas do século XIX e XX que se pode visitar dende a casa