Sábado 27 Abril 2024

Xulio César e os anos bisiestos

Créditos da imaxe: Classical Numismatic Group, Inc., Wikimedia
Créditos da imaxe: Classical Numismatic Group, Inc., Wikimedia

Explicación: hoxe, 29 de febreiro, é un día bisesto; algo que ocorre relativamente poucas veces. No ano 46 a.C., Xulio César, amosado aquí nunha moeda acuñada na súa époda, creou un sistema de calendario que engafía un día adicional cada catro anos. César, que actuaba co consello de Sosíxenes de Alexandría, facía isto para solucionar o feito de que o ano da Terra é lixeiramente maior de 365 días. En termos modernos, o tempo que lle leva á Terra dar unha volta ao redor do Sol é lixeiramente superior que o tempo que lle leva á Terra rotar 365 veces (respecto ao Sol; agora sabemos que ao Sol  lévalle 365,24219 rotacións). Por iso, se os anos do calendario tiveran 365 días diferirían do ano real en un día cada 4 anos. Ao final, xullo (denominado postumamente polo propio Xulio César) ocorrería durante o inverno do hemisferio setentrional! Ao adoptar un ano bisesto cun día adicional cada catro anos, o calendario anual variaría moito menos. Este sistema de calendario xuliano empregouse ata o ano 1582 cando o Papa Gregorio XIIIdesenvolveu un axuste máis fino cando engadiu que os días adicionais non se farían nos anos que rematen ewadvent.org/cathen/07001b.htmn en “00”, a non ser que sexan divisibles por 400. Este calendario gregoriano é o de uso máis común hoxe en día.

1 comentario

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A seguinte eclipse solar total será en 2026 e si, poderase ver dende Galicia

Dentro de dous anos, o fenómeno observarase en todo o seu esplendor na zona oeste do territorio galego arredor das 20:20 horas
00:00:00

A NASA retransmite en directo a eclipse solar total

O fenómeno astronómico poderase desfrutar en México, Estados Unidos e Canadá, e en Galicia só de forma parcial

Un mapa da NASA alerta da subida do mar en Galicia e revela as zonas máis afectadas

Unha ferramenta dixital baseada nos datos científicos do Sexto Informe do IPCC ofrece unha proxección sobre as subidas do nivel do mar en todo o mundo ata 2150

Envía o teu nome a Xúpiter nunha misión espacial da NASA

Dende a axencia lanzarán unha botella que leva tamén un poema da escritora estadounidense Ada Limón