Venres 26 Abril 2024

O mosquito tigre obriga a cambiar as pautas nos cemiterios no Día de Todos os Santos

Recoméndase que os recipientes para flores ou obxectos ornamentais non permitan a acumulación de auga porque poderían albergar larvas

Este mércores 1 de novembro celébrase o Día de Todos os Santos. Co gallo desta celebración, a Xunta acaba de publicar unhas pautas a seguir nos cemiterios para controlar o mosquito tigre (Aedes albopictus) e reducir as súas posibilidades de reprodución. Así, recoméndase que os recipientes para flores ou obxectos ornamentais non permitan a acumulación de auga porque poderían albergar larvas do mosquito. Como solución máis eficaz, proponse facer buratos nos recipientes para facilitar a súa drenaxe. De non ser posible, pódese manter a humidade usando esponxas ou fibras absorbentes e enchendo os recipientes de area.

Segundo o Programa de xestión integrada do mosquito tigre elaborado pola Dirección Xeral de Saúde Pública, a Consellería de Sanidade lembra que os cemiterios son espazos sinalados como lugares a vixiar polos concellos nos que o mosquito tigre estea instalado, é dicir, as localidades de Cangas, Moaña, Vilaboa, Redondela, e Vigo. En todo caso, a baixada de temperaturas previsible nas próximas semanas agárdase que faga desaparecer o mosquito tigre durante o inverno aínda que se baralla a opción de que volva aparece durante a primavera.

Publicidade

Desde a Consellería de Sanidade agradécese a participación veciñal seguindo as recomendacións para evitar a proliferación deste vector e, sobre todo, a través da aplicación Mosquito Alert para permitir o control desta especie. A coordinación entre Mosquito Alert, a Xunta e a Rede galega de vixilancia de vectores (ReGaViVEC) permitiu confirmar a presenza do mosquito tigre sobre o terreo en menos de 24 horas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un tren de borrascas traerá abundante chuvia e descenso térmico a Galicia na ponte de maio

A vindeira semana estará marcada pola alta probabilidade de precipitacións en todo o territorio, con temperaturas que non superarán os 15 graos

Gripe H5N1: a próxima pandemia?

Unha variante do virus, presente dende 2020, está a causar mortalidades nunca vistas en aves, tanto domésticas como silvestres

Catro galegos proban o primeiro fármaco contra o fígado graxo nun ensaio clínico pioneiro

O tratamento, que acaba de ser aprobado en Estados Unidos, pode tardar dous anos en estar dispoñible en España

Catarreira, friaxe, peleira… As 12 palabras galegas para referirse ao arrefriado

O proxecto ALGa do Instituto da Lingua Galega permite coñecer as variantes léxicas deste estado patolóxico