WhatsApp volve funcionar con normalidade para a maioría de usuarios. Logo de case dúas horas afectado por unha caída mundial, a aplicación de mensaxería instantánea volve estar activa en todo o mundo. O primeiro fallo no sistema empezou sobre as 9 horas e, xusto cando o reloxo ía daras11 da mañá deste martes xa volve funcionar.
Segundo algúns expertos en informática consultados nas anteriores caídas do servizo de mensaxería máis empregado en occidente, este fallo global pode deberse a un problema nos sistemas de dominio (DNS), é dicir, os que traducen os nomes de dominio que todos usamos, por exemplo whatsapp.com. Pero non é a única causa posible. Outro dos fallos máis comúns é unha sobresaturación. As mensaxes envíanse a servidores que as remiten aos destinatarios. Cando eses servidores satúranse, pode contemplarse un fallo no sistema que os colapse. Outro motivo pode producirse ao código debido a algunha actualización ou con algunha base de datos que provoca un mal funcionamento das mesmas.













