Investigadores da UVigo presentan no Mobile World Congress os avances en 5G

Encabezado por Felipe Gil, un grupo de investigadores do Grupo GTI do centro atlanTTic da Universidade de Vigo, están a amosar no Mobile World Congress o resultado do seu traballo ao abeiro do proxecto Veo5G: Virtualización eficiente de operadores 5G. Xunto a Gil, Carlos Pérez, Pablo Fondo e Abel Fernández, integran a representación de atlanTTic no congreso internacional máis importante no eido das comunicacións móbiles, que se celebra esta semana en Barcelona. “O grupo GTI leva anos traballando nas redes de comunicación sen fíos e móbiles e máis recentemente centrouse nas tecnoloxías que sustentarán as futuras redes de quinta xeración”, explican os investigadores, que están a colaborar coas empresas Cellnex e Optare e o centro de investigación Gradiant no marco do proxecto Veo5G, centrado en avanzar nas tecnoloxías que están a redefinir as redes 5G, máis concretamente nas tecnoloxías que permiten construír redes flexibles e dinámicas.

“A nosa participación no congreso ten dous obxectivos, establecer un primeiro contacto coas empresas interesadas na tecnoloxía, cara a súa transferencia, e o de aumentar a rede de contactos no plano investigador para seguir avanzando no desenvolvemento a través dun sistema cooperativo”, explican os integrantes de GTI que participan no congreso internacional. O 5G é a evolución da tecnoloxía actual 4G, empregada nos móbiles para a transmisión de datos, aínda que a súa implantación pretende ir máis aló da telefonía, achegando solucións de conectividade e novos servizos, como poden ser os relacionados co Internet das cousas, a industria 4.0 ou o vehículo conectado, permitindo ademais conexións moito máis rápidas.

Publicidade

Demostracións no Mobile World Congress

Ao longo da semana que dura o Mobile World Congress, os investigadores de atlanTTic realizarán demostracións da súa tecnoloxía no stand de Cellnex, nas que amosarán como varios operadores especializados poden compartir unha mesma infraestrutura, e mesmo, como a rede se pode adaptar aos requisitos das e dos usuarios de xeito individual, por exemplo á hora de reducir a latencia ou retardo nas conexións.

No ámbito dos traballos relacionados co 5G, a Universidade de Vigo forma parte desde case hai un ano do consorcio internacional OpenAirInterface, onde comparte presenza con institucións como Fraunhofer e Fujitsu.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Pint of Science: “É fantástico pasar do contexto pechado da investigación á contorna afable dos bares”

O investigador de atlanTTic Diego Cajaraville dará o 19 de maio ás 19:30 horas unha charla no bar De Catro a Catro de Vigo

Fernando Aguado: “A variación do sinal con respecto a Vigo axudará a situar Orion na Artemis II”

O catedrático da Universidade de Vigo cualifica de “soño” a participación do seu equipo no percorrido cara á Lúa na nova misión da NASA

Galicia, na misión Artemis II da NASA: así traballa a UVigo no seguimento de Orion

Un grupo de atlanTTic analizará unha monitoraxe continua durante dez días para asegurar a correcta traxectoria da cápsula

atlanTTic impulsa unha rede experimental única de referencia internacional en 5G e 6G

O centro da UVigo desprega no campus de Lagoas-Marcosende unha infraestrutura avanzada para validar comunicacións móbiles de nova xeración en contornas reais