Unha app para explorar a arqueoloxía da Serra do Barbanza

Achegar o patrimonio arqueolóxico da Serra do Barbanza aos cidadáns e turistas que visitan cada ano a comarca é o obxectivo dun proxecto que desenvolven dende hai un ano o Grupo de Estudios para a Prehistoria do Noroeste (GEPN-AAT) da USC, o Centro Arqueolóxico do Barbanza e o concello de Boiro. Ademais das importantes tarefas de investigación que se están a facer na zona, nas próximas semanas se lanzará unha aplicación para smartphones que permitirá realizar rutas e ofrecer información sobre os diversos xacementos arqueolóxicos que se atopan na zona.

Túmulo megalítico Casarota do Fuxiño
Túmulo megalítico Casarota do Fuxiño

Carlos Rodríguez, investigador postdoutoural do GEPN-ATT, explica que o proxecto que se desenvolverá ata o ano 2018 pretende combinar as investigacións dos xacementos arqueolóxicos atopados na Serra do Barbanza coa labor de difusión dos mesmos. “Xa se fixeran algúns intentos de sinalizar zona pero a colocación de elementos de este tipo de elementos é problemática pola presenza de animais en estado semisalvaxe que estragaban os carteis. Por iso plantexamos a posibilidade de utilizar as novas tecnoloxías e desenvolver unha app, que presenta moitas vantaxes”, sinala Rodríguez.

Publicidade

A empresa galega AVA Soluciones Tecnologicas é a encargada de desenvolver a aplicación, que podería estar xa operativa a finais do primeiro trimestre deste ano. A app poderá descargarse gratuitamente en plataformas coma Google Play, a App Store de Apple, ou nas webs do Concello de Boiro e do propio grupo GEPN-ATT. “A idea é atraer aos cidadáns e aos turistas que visitan a comarca no verán e que se achegan a lugares como o miradoiro da Curota pero descoñecen que hai moitas máis cousas que ver”, apunta Rodríguez.

A Serra do Barbanza foi ocupada e explotada ao longo dun período de maís de 5.000 anos, desde o Neolítico ata a Idade Media. As investigacións realizadas nos últimos tempos revelaron que a Serra conta con estruturas arqueolóxicas que suxiren a existencia de poboadores xa na Idade de Bronce e que a zona non se limitaba a ser un lugar de enterramentos, como xa indicaba a existencia de numerosos túmulos.

Publicidade

O proxecto que se desenvolve no Barbanza pode servir de exemplo para outras zonas altas

Rodríguez indica que as investigacións que se están a realizar inclúen o análise da historia nun lugar no que ao longo dos séculos mesmo puido modificarse a cuberta vexetal pola actividade dos primeiros agricultores no Neolítico. O investigador apunta que o caso da Serra do Barbanza é similar ao doutras zonas altas de Galicia que se crían deshabitadas pero que aínda agochan moitas preguntas sobre a súa verdadeira historia.

O abandono das terras altas galegas converteu a estas zonas en auténticos desertos humanos o que tamén foi en detrimento da súa integridade medioambiental e patrimonial. Segundo indica Rodríguez, o proxecto que agora se desenvolve na Serra do Barbanza pode servir de exemplo do que se podería facer noutras áreas altas galegas.

O proxecto no que participa o GEPN-ATT, encabezado polo investigador Ramón Fábregas, conta tamén co apoio das universidades de Vigo e Oviedo, da Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia, da Arizona State University e da Université de Nantes. Conta co financiamento do Ministerio de Economía e Competitividade.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un equipo galego abre a porta a detectar a periodontite mediante unha mostra de saliva e IA

A investigación, liderada pola USC e o IDIS, indica que o mellor modelo do experimento acada unha sensibilidade superior ao 92%

Das visitas a Santiago ás colaboracións científicas: estes son os vínculos do Nobel de Física con Galicia

O galardoado Francis Halzen é o presidente do Comité Asesor do IGFAE e colaborou cos científicos Enrique Zas, Jaime Álvarez ou Ricardo Vázquez

Un estudo galego propón novos criterios para identificar áreas de lonxevidade extrema

Investigadores do IDIS e da UVigo publican por primeira vez un marco metodolóxico que inclúe parámetros demográficos e epidemiolóxicos

Un científico do CiQUS obtén unha prestixiosa axuda para impulsar un novo enfoque de deseño molecular

Luis M. Mateo é beneficiario dunha Branco Weiss Fellowship, unha das bolsas con máis recoñecemento internacional destinada a investigadores mozos