Un cento de estudantes compiten en Ferrol na final do concurso de robots

Máis dun centenar de estudantes de cinco institutos de Galicia participarán o martes, 29 de novembro, ás 10:15 na aula magna da Facultade de Humanidades e Documentación na final do concurso de robots promovido polo Campus Industrial de Ferrol.

Os participantes realizaron vídeos coas súas propostas de robot que se poden ver en https://goo.gl/03kEZJ. A puntuación final terá en conta a votación destes vídeos en Facebook e a valoración do xurado que mañá verá as utilidades do robot e a súa orixinalidade.

Publicidade

Ata este momento, os vídeos foron visionados por 71.500 persoas.
Máis información:
http://mecanociferrol.es/concurso-mecano/

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O avance do piñeiro ameaza a caramiña, unha das xoias naturais das dunas galegas

Unha investigación constata que os piñeirais reduciron un 61,5% o ecosistema da Praia de Trece dende 1956 e dificultan a supervivencia da especie

A propulsión nuclear, a exame como alternativa para descarbonizar o transporte marítimo

Unha investigación do CITENI analiza os riscos dos reactores de sales fundidas para a súa posible aplicación nos buques do futuro

Os mapas da xentrificación en Galicia: estes son os barrios máis afectados

Un novo estudo identifica as áreas máis vulnerables en Vigo, A Coruña e Santiago e describe a reconfiguración das tres urbes nun período de seis anos

A UDC mide por primeira vez como cristalizan en décimas de segundo os polímeros semicondutores

O traballo desenvolve unha metodoloxía que permite calcular nun único experimento un proceso clave para fabricar materiais destinados á electrónica orgánica e ás células solares