Internet non sempre contribúe a mellorar a democracia

Internet foi unha ferramenta clave para os acontecementos políticos e sociais acaecidos nos últimos anos no planeta. No caso do 15M ou da Primavera Árabe, as redes xogaron un papel moi importante na difusión das mensaxes dos manifestantes. Trascendeu a idea, por tanto, de que internet ofrece unha gran oportunidade para a defensa dos dereitos dos cidadáns e a mellora da calidade democrática.

A ‘Tecnoloxía da Liberación’ parte de que os opositores poden acceder a internet, e non sempre é así

Non en tanto, un estudo publicado por Science, e asinado polo investigador galego Suso Benítez-Baleato, membro do grupo de investigación de Análise Política da USC, constata a existencia dunha fenda dixital “forte e persistente” en contra dos grupos políticamente excluídos, e que “non pode ser explicado só por factores económicos ou xeográficos”. Os investigadores apuntan que a coñecida como “Tecnoloxía da Liberación”, que defende que internet fomenta a transparencia, a rendición de contas dos gobernos non democráticos e a organización dos movementos opositores e marxinados, “baséase no suposto de que estes grupos excluídos teñan acceso a internet”. Pero non sempre é así.

Publicidade

Na maioría dos países en desenvolvemento, os gobernos son o principal provedor dos servizos de telecomunicacións, polo que poden facer “que a tecnoloxía de internet se empregue en beneficio duns grupos e en detrimento doutros”, explican os autores. Engaden que “os gobernos xogan un papel fundamental na distribución de internet, o que pode, intencionadamente ou non, sabotar os seus efectos liberadores”, aumentando a fenda dixital entre os grupos dirixentes e os opositores.

uso Baleato está realizando unha estadía na universidade de Konstanz (Alemaña).
Suso Baleato está realizando unha estadía na universidade de Konstanz (Alemaña).

Neste estudo, o galego Suso Baleato encargouse da análise estatística. O artigo enmárcase dentro dunha estadía na universidade alemá de Konstanz, baixo a dirección de Nils B. Weidmann, asinante principal do traballo. Baleato desenvolveu, en colaboración co Departamento de Enxeñería Electrónica do recoñecido Instituto Federal de Tecnoloxía de Suíza,  un novo método de estudo baseado na análise do tráfico global de internet, empregando “un sistema que permite estimar a penetración de internet practicamente en tempo real, mesmo en zonas de guerra ou baixo o control de réximes autocráticos”, segundo explica.

Publicidade

Os resultados deste traballo destacan, segundo apuntan desde a USC, polas súas profundas implicacións. “Internet continúa tendo claramente o potencial de promover a mobilización para o cambio político, pero os gobernos poden impedir este efecto”, sinala Suso Baleato. Por tanto, sería conveniente abrir a reflexión sobre as circunstancias nas que a rede pode contribuír realmente dito cambio.

Entre as súas conclusións, o artigo tamén advirte da necesidade de reducir a fenda dixital a nivel global para aumentar a eficacia das políticas de desenvolvemento. “Só aliviando a desigualdade dixital os canais modernos de comunicación facultarán as persoas e as sociedades para o fomento do desenvolvemento político e económico”, afirman.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A UDC mide por primeira vez como cristalizan en décimas de segundo os polímeros semicondutores

O traballo desenvolve unha metodoloxía que permite calcular nun único experimento un proceso clave para fabricar materiais destinados á electrónica orgánica e ás células solares

Un estudo arqueolóxico revela o papel esencial das mulleres na construción histórica do rural galego

A investigación pon de manifesto a importancia do traballo produtivo, doméstico e de coidados, así como o papel na transmisión de saberes

Un proxecto con participación galega estuda novas formas de radioterapia contra os tumores cerebrais

InnovaRTBRAIN investiga tratamentos máis eficaces e seguros fronte ao glioma, un dos cancros do cerebro máis agresivos e complexos

Unha investigación galega afonda no dó dos arroaces: que fan as nais cando morre unha cría?

Unha análise da CEMMA documenta os comportamentos das femias e identifica nos cachorros falecidos marcas asociadas ao seu acompañamento