Atlanttic testa as aplicacións do 5G para desenvolver un smart campus

As probas do centro de investigación vigués consistiron en aplicacións da tecnoloxía a ámbitos da seguridade e a xestión da mobilidade

O Centro de Investigación das Tecnoloxías de Telecomunicación da Universidade de Vigo, atlanTTic, participou este mércores na primeira proba que acolle un campus galego das novas capacidades da tecnoloxía 5G, neste caso, aplicadas a ámbitos como o da seguridade ou a xestión da mobilidade.

O proxecto no que colabora o centro pretende avanzar nos novos usos desta tecnoloxía dentro do Plan Nacional 5G financiado por Red.es, e no que colabora a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega). Da man de Orange, Ericsson e a compañía viguesa Optare Solutions, os investigadores de atlanTTic Rubén Pérez Vaz, Alberto Estévez Caldas, Brais Blanco Carballeira, José Manuel Rúa Estévez e José Antonio Álvarez, dirixidos por Felipe Gil Castiñeira  e Francisco Javier González Castaño, do Grupo de Tecnoloxías da Información (GTI); puxeron en práctica dúas probas para amosar a resposta inmediata da tecnoloxía empregada.

Publicidade

Tecnoloxía edge computing

A dificultade do escenario radicaba na utilización da tecnoloxía edge computing, que achega o cómputo na nube ao lugar onde se usan os seus resultados, para que sexa capaz de dar unha resposta rápida e útil en escenarios imprevistos. Segundo explicou Rubén Pérez, responsable técnico do proxecto, “as probas consistiron en utilizar unha antena 5G de Orange, colocada na Escola de Enxeñaría de Telecomunicación, e conseguir a través dela que un vehículo accedese a unha zona valada, só coa lectura da súa matrícula e, en remoto, obter autorización para acceder á mesma”.

No caso da segunda proba posta en marcha esta mañá no campus vigués, “o que se intentaba era que, a través dunha cámara unha persoa puidese recibir autorización para entrar nunha zona limitada. No caso dun acceso non autorizado activaríase, en remoto tamén, unha alarma e poríase en marcha un drone capaz de seguir os pasos desa persoa mediante una aplicación autónoma remota sobre 5G”, indicou Pérez.

Publicidade

As probas amosan a enorme capacidade do 5G para dar unha resposta inmediata en remoto

O investigador explicou que as probas efectuadas hoxe no campus vigués amosan que o 5G ten unha gran capacidade para dar unha resposta inmediata en remoto. AtlanTTic conta cunha infraestrutura propia, o Laboratorio 5G & Beyond, froito dun convenio con Amtega e Retegal, polo que é un dos centros de investigación nacionais con máis coñecemento nesta tecnoloxía. A súa infraestrutura, con equipamento específico, pode albergar todo tipo de probas e a súa posta en marcha enmarcouse no Nodo 5G, impulsado pola Xunta a través do Plan Galicia 5G e no que o centro de investigación participa desde 2020.

O investigador do centro e profesor da E.E. de Telecomunicación, Felipe Gil, participa en diferentes pilotos de Red.es, tamén colabora con grandes tractores industriais e mesmo forma parte dun proxecto específico no ámbito da mobilidade no que tamén participa Stellantis.

AtlanTTic, posto en marcha en  2010, é un centro de investigación que colabora cos principais operadores de telefonía no desenvolvemento de novos usos creando sinerxias tanto con empresas como con institucións co obxectivo de mellorar a vida das persoas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Percepción do piropo entre a mocidade galega: só o 25% dos rapaces se sente mal cando o emite

Unha tese doutoral investiga a obxectivización do corpo das muller a través desta antiga práctica en 232 adolescentes de Pontevedra e Ourense

María Mayán capta 100.000 euros para impulsar unha nova inmunoterapia contra o cancro de mama

A investigadora do Cinbio recibe unha Bolsa FERO para desenvolver un proxecto sobre as terapias celulares CAR-NK, moi prometedoras en medicina personalizada

Premiados sete investigadores e investigadoras mozos pola súa contribución ao avance científico galego

Verónica Bolón, Laura Castro, María Barreiro, Manuel Souto, Ismael González, Lucía Díaz e Rubén Lado reciben os galardóns organizados pola RAGC-UIE

Descuberta unha grande estrutura romana no exterior do castro do Castelo dos Mouros, en Ons

Un equipo da UVigo acha "abondoso material" na terraza intermedia do xacemento e identifica unha gran cantidade de restos de ánforas orixinarias do sur da península e de Italia