Remata 2015 e aparecen as listaxes do mellor e do peor. A que sigue é do peor, obviamente. Porque se trata das Apps absurdas máis descargadas este ano para Apple e Android. Todas son de balde. E, por suposto, todas as necesitas xa. Porque ter o móbil cheo de parvadas é o que máis nos gusta.
CUDDLR: Unha aperta a tempo transmite felicidade e resulta saudable. E hai días en que necesitas ser abrazado. Esta aplicación convida a descoñecidos próximos a darte un abrazo.
RUN PEE: Non doado atopar un intre para ir ao baño dende que Televisión Española eliminou a publicidade das películas. No cinema, o problema é o mesmo. Cal será o mellor momento para ir mexar? Podes trabucarte e perder as secuencias máis interesantes. Con Run Pee, só tes que poñer o nome do filme e saberás cando ir ao baño ou cando é mellor aguantar para non perder o importante.
GAME FOR CATS: O nome é o que semella. Hai días no que o teu gato ten pinta de aburrido. Esta app pode procurarlles horas e horas de festa. A pantalla emite luces cando os felinos poñen as súas patas enriba.
HELLO COW: Un xogo moi para galegos da Terra Chá. E da Ulloa. E de todas as bisbarras con grandes explotacións leiteiras. Ola, Vaca. Simplemente, cando a saúdas, a marela sorrí enchida de felicidade.
SKINNYPIX: Os selfies tamén poden ser perfectos. Como se as túas fotos foran retocadas con photoshop. Esta app adelgaza a túa figura para que poidas compartila agachando lorzas e cartucheiras.
IFART: Emula o son de duascentas clases de peidos distintos. Leva anos estando entre o Top Ten das máis descargadas.
GCiencia realiza unha reserva expresa das reproducións e usos das obras e outras prestacións accesibles desde este sitio web a medios de lectura mecánica ou outros medios que resulten adecuados a tal fin de conformidade co artigo 67.3 da Real Decreto - lei 24/2021, do 2 de novembro // Auditado por GFK