Xoves 28 Marzo 2024

Unha empresa galega lanza unha app para móbiles de persoas con problemas graves de visión

A empresa galega Primux Tech vén de lanzar a primeira aplicación móbil gratuíta do  mercado capaz de crear un interfaz nos smartphones que os fai automaticamente accesibles para as persoas con problemas de visión. O deseño desta app, que xa se pode descargar sen custo na plataforma Google Play para calquera móbil co sistema operativo Android, foi desenvolvido no departamento de I+D+i da compañía, instalado no Parque Tecnolóxico de Galicia-Tecnópole (Ourense), grazas á iniciativa e á colaboración dun usuario con dificultades de visión.

A aplicación non só adapta a contorna gráfica dos teléfonos intelixentes e engade novas funcionalidades orientadas a este público, senón que conta cun asistente de voz que lle facilita toda a información ao usuario. “Saber canta batería ten o móbil, que hora é ou se hai conexión Wifi e mesmo facer unha chamada pódese converter nun auténtico pesadelo para as persoas con dificultades de visión, pero con Primux Blind, só desprazando o dedo pola pantalla, salta un asistente de voz que facilita todas estas tarefas”, explica Daniel Rodríguez, CEO de Primux Tech.

Publicidade

A aplicación naceu da demanda dun usuario con problemas de visión á empresa galega

A creación de accesos directos é outra das características da aplicación, coa posibilidade de crear listas cos contactos máis habituais ou coas apps que máis se usan. Ademais, os textos aparecen nun tamaño moito maior e os usuarios poden elixir o contraste de pantalla que se adapta mellor ás súas capacidades. Na liña de Primux de facer accesible a tecnoloxía a todo o mundo, a intención última desta aplicación é evitar o desembolso que supón adquirir un terminal específico.

O desenvolvemento da aplicación é froito dun proceso de innovación aberta. O proxecto naceu da demanda que un usuario con problemas de visión lle trasladou á empresa. Durante todo o proceso, este usuario colaborou estreitamente co equipo de I+D de Primux axudándolle a enfocar adecuadamente as prestacións da nova app. “ A nivel europeo non atopamos no mercado ningunha aplicación destas características, e moito menos gratuíta”, explican desde a empresa.

A Primux Blind aumenta a oferta da empresa de aplicacións móbiles gratuítas orientadas a facilitar a accesibilidade e a seguridade no uso de smartphones por parte de públicos especialmente vulnerables. A finais de 2014 lanzaba Help Launcher, deseñada para facilitar o uso dos teléfonos intelixentes aos maiores, e no verán de 2015 Help Launcher Kids, unha ferramenta de control parental para garantir a seguridade dos máis pequenos á hora de utilizar os seus móbiles.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A empresa galega Primux medrou un 20% no ano 2020

A compañía, con sede na Tecnópole de Ourense, e líder en España na fabricación de dispositivos informáticos con sistema operativo Windows

Así foi a entrega do VI Premio ‘Contar a Ciencia’

O pazo de San Roque, en Compostela, acolleu a cerimonia do certame no que resultou gañadora a estudante da USC Marta Otero

A estudante da USC Marta Otero recibe o VI Premio Contar a Ciencia-la Caixa

O acto celebrado no Pazo de San Roque de Santiago recoñeceu tamén os traballos de Alba Tomé e de Andrea Varela e Miriam Álvarez

Unha aplicación móbil galega para fichar no traballo

A empresa tecnolóxica Primux lanza unha ferramenta que facilita o sistema de fichaxe laboral, que xa está dispoñible en Google Play e na Apple Store