Patente contra as pragas de caracois

Aínda que a escala mundial os prexuízos económicos son menores que os causados por insectos, en determinadas áreas xeográficas moi chuviosas como Galicia os danos das pragas de lesmas e caracois son moi cuantiosos. Para previr a aparición destas pragas que cada ano afectan a unha ampla variedade de cultivos, investigadores do CiTIUS e do grupo de Malacoloxía Terrestre Aplicada (Malaterra) da USC patentaron un innovador sistema para detectar moluscos gasterópodos terrestres.
Os sistemas que existen para detectar animais de sangue quente –sensores de infravermellos– non serven para os de sangue fría como os moluscos terrestres, que precisan de sensores específicos dado que teñen a mesma temperatura que o medio. Por esta razón, o equipo da USC obtivo un sistema autónomo alimentado por un pequeno panel solar que se comunica mediante tecnoloxía sen fíos cunha estación base encargada de centralizar todas as alarmas xeradas pola presenza de moluscos. O baixo custo do detector permite que o sistema poida ser moi facilmente replicado, o que abre a porta a controlar amplas áreas de cultivos en tempo real.

O sistema patentado permitirá reducir o uso de molusquicidas nos cultivos

A investigación que deu lugar a esta patente desenvolvida na USC entre o CiTIUS e o Grupo Malaterra supón un avance importante na protección das plantas fronte a este tipo de pragas e infeccións xa que se trata dun innovador sistema que reducirá o uso de molusquicidas en cultivos grazas á súa detección temperá.
Ademais, esta liña de investigación permitiu o desenvolvemento dun método complementario de prevención de pragas actualmente en fase de probas: a ferramenta Metis, un sinxelo sistema que integra a predición da actividade animal con información meteorolóxica cuxo principal obxectivo será asesorar aos agricultores de Galicia sobre o uso de tratamentos fitosanitarios.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Unha nova ferramenta pública creada dende a USC analiza a evolución dos dereitos dixitais na rede

A plataforma DigiTrack, desenvolvida polo CiTIUS, permite identificar tendencias, analizar contidos e comprender o impacto social da conversación en liña sobre liberdades fundamentais

Un equipo galego explora o potencial da IA para detectar síntomas de depresión en redes sociais

Un estudo do CiTIUS analiza automaticamente textos publicados en Internet para detectar patróns lingüísticos asociados á saúde mental

A USC e Microsoft colaboran para desenvolver modelos de Intelixencia Artificial multilingüe

O CiTIUS é unha das tres entidades coas que a compañía tecnolóxica traballará para crear modelos fundacionais de IA en galego, éuscaro e catalán

O IGFAE colabora na detección da fusión de buracos negros máis grande xamais observada

Os centros LIGO-Virgo-KAGRA anuncian a identificación dunha onda gravitacional que abre novas perspectivas no estudo destes eventos cósmicos