Lugo estuda usar carballo galego para barricas de whiskey irlandés

O grupo de investigación GI-1720 BioModem (Modelización, Enerxía e Mecanización en Biosistemas) da USC, con sede na Escola Politécnica Superior do Campus Terra da USC,  densenvolve en colaboración empresa irlandesa Irish Distillers Inc. pertencente á multinacional Pernod Ricard dende fai anos unha liña de investigación conxunta orientada á posta en valor dos recursos forestais de Galicia.

Reunión en Lugo dos investigadores da USC coa destilería irlandesa.
Reunión en Lugo dos investigadores da USC coa destilería irlandesa.

Dende fai anos, a elaboración de informes parciais máis puntuais sobre a realidade forestal do monte galego e as súas posibilidades, deu paso a unha colaboración estable no tempo centrada no uso toneleiro do carballo galego e na localización de masas de carballo aptas para ser aproveitadas baixo algún selo de certificación forestal.

Publicidade

Estas investigacións, coordinadas polo profesor Pablo Vila Lameiro e a investigadora Adriana Conde Fernández, que está a facer a súa tese de doutoramento vinculada a esta liña de investigación, están financiadas pola empresa Irish Distillers Inc., que é a propietaria da marca comercial e das adegas de whisky Jameson, ademais doutras moitas referencias coñecidas e con presenza no mercado.

Esta colaboración implica un ciclo cerrado de uso da madeira dende a súa explotación en monte e transformación en Baralla, no aserradoiro Maderbar, pasando pola elaboración de barricas na tonelería gaditana Antonio Páez Lobato, con sede en Xerez da Fronteira, ata o seu destino final en Cork (Irlanda).

Publicidade

Logo de varios años de traballo, con excelentes resultados acadados, a colaboración vai continuar nas liñas xa establecidas de explotación da madeira de carballo, pero ampliando o rango de traballo a outras zonas próximas de interese para estas especies (zona norte de Portugal, por exemplo), así como abrindo unha nova liña de colaboración que incorpora o uso e investigación das aptitudes físicas e tecnolóxicas da madeira de castaño (Castanea sativa) para a industria toneleira e de destilados de whisky.

Os científicos estudan tamén o uso para barrís de whiskey da madeira de castaño

O escenario de traballo e a actuación que están a desenvolver os investigadores do campus lugués xunto coa destilería irlandesa e as demais empresas implicadas, conta con recoñecemento e apoio, que non con financiamento da Administración autonómica, tendo garantida a súa continuidade varios anos con esta nova liña vinculada ó castiñeiro, tal e como remarcaron os membros da delegación de Irish Distillers durante a súa recente visita ao campus e á provincia de Lugo para supervisar sobre o terreo a evolución dos traballos que se están a realizar. Nesta visita puideron comprobar de primeira man os danos dos recentes lumes no monte galego, tomando conciencia que liñas colaborativas como a que eles manteñen co grupo de investigación BioModem son as que manteñen vivo o monte, asegurando a súa rendibilidade e diminuíndo os riscos de lumes.

As vantaxes deste proxecto céntranse na incidencia e posta en valor da xestión forestal sustentable, un proceso que, segundo indicou Vila Lameiro, actúa como unha garantía engadida que permite aportar un valor complementario a un recurso natural do monte galego, ao tempo que constitúe unha marca de sustentabilidade e apoio ao desenvolvemento rural que outros usos non permiten.

O profesor e coordinador deste proxecto remarcou asemade a repercusión económica deste proxecto, ao que tamén se referiu como unha iniciativa que contribúe á xeración de coñecemento científico e á divulgación do Campus Terra da USC e das actividades de I+D+i que nel desenvolven en congresos internacionais (Roma, Cambridge, Viena…), así como a través da publicación de comunicacións e artigos en revistas científicas de impacto.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A riqueza baixo os carballos: un estudo pioneiro con participación da USC revela a súa diversidade fúnxica

A investigación identifica 297 especies asociadas ás raíces destas árbores no norte peninsular e confirma a existencia de extensas redes biolóxicas

A carracha que transmite Crimea-Congo duplícase nun ano e conquista novas zonas en Galicia

O grupo COPAR da USC identifica o parasito en 27 concellos de Lugo e Ourense e detecta anticorpos fronte ao virus en 14 animais de granxa das catro provincias

Do residuo ao tratamento: ingredientes contra doenzas animais a partir do bagazo de uva Albariño

Un proxecto europeo coordinado pola USC transforma 20 toneladas de residuos do viño en máis de 15.000 litros de extractos en diferentes formulacións

Identificados no noroeste peninsular 14 lagares de cera excepcionais en Europa

Un estudo da USC analiza a distribución de construcións tradicionais para aproveitar os produtos apícolas e das que apenas existen exemplos conservados no continente