Xoves 18 Abril 2024

Santiago lidera un proxecto europeo para crear empresas spin-off

A Universidade de Santiago de Compostela acolleu este luns a primeira xuntanza de traballo do proxecto internacional Unison, que persegue o desenvolvemento de vínculos científicos e comerciais entre institucións de ensino superior e o eido empresarial a través de empresas spin-off. Nesta iniciativa participan 13 universidades e centros de investigación de Rusia, China, Xeorxia, Alemaña e Portugal. A institución santiaguesa será a coordinadora e a única representantes española do proxecto, que financia Erasmus +.

Unison profundará nos mecanismos implicados na transferencia e comercialización do coñecemento e a tecnoloxía, axudando así a superar as dificultades tradicionais que atopan as institucións de ensino superior no desenvolvemento de proxectos en colaboración ou en clave empresarial. Neste senso, a experiencia no desenvolvemento de empresas de base tecnolóxica (spin-off universitarias) ofrece a posibilidade de levar o traballo conxunto a unha nova fase en base ao intercambio de experiencias no eido do emprendemento. Ademais, búscase promover a transmisión e aplicación de experiencias empresariais na educación, a formación e o traballo xuvenil.

Publicidade

Como explica o equipo promotor, a cooperación entre as institucións e agrupacións integrantes do proxecto fortalece o vínculo de comunicación entre os participantes en termos científicos e de emprendemento e abre a posibilidade de futuras oportunidades de colaboración coas demais institucións e empresas. Para lograr os seus obxectivos Unison desenvolverá programas de prácticas, obradoiros, xuntanzas, conferencias e mesas redondas. O intercambio regular de información, experiencias e debates permitirá o seu traslado ao planos de estudo para ofrecer unha mellor resposta á expectativas e necesidades das empresas. Ademais poderían axudar a definir modificacións nos programas de formación do persoal administrativo e docente para acadar unha mellor resposta ás necesidades actuais e futuras.

Durante as sesións de traballo que se desenvolven en Santiago de Compostela, definiranse as accións que se levarán a cabo no primeiro ano de proxecto. Ademais da USC, forman parte de Unison as universidades Nizhnevartovsk State University, Moscow State University of Geodesy and Cartography, Perm State University, Saint-Petersburg State University of Economics e do Bologna Club (Rusia); a Yantai Academie of Agricultural Sciences, Yantai Hi-Tech Industrial Development Zone e Ludong University (China); a Ivane Javakhishvili Tbilisi State University e a Iakob Gogebashvili Telavi State University (Xeorxia), o Instituto Politecnico de Coimbra (Portugal) e a Fachhochshule des Mittelstands (Alemaña).

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Start-ups con ADN galego triunfan grazas á súa aposta pola ciencia e innovación

Indestia, Innogando, Neutron Insights, Diversa e Psico VR convértense en pouco tempo en referentes do emprendemento na comunidade 

A credibilidade na ciencia é menor entre a mocidade que entre o público adulto

Só o 72,6% das persoas de entre 18 e 24 anos cre que as disciplinas científicas buscan a verdade, fronte ao 90,2% da poboación maior de 65 anos

As ‘Cantigas de Santa María’, traducidas por vez primeira ao galego actual

A versión realizada polo Grupo de Románicas da USC estará dispoñible na páxina web do Centro Ramón Piñeiro

O uso (e abuso) de pantallas pode resecar seriamente a túa vista: isto é o que podes facer para evitalo

Estar pegados a unha pantalla é unha condición case inesquivable da vida moderna que dificulta a adecuada lubricación dos nosos ollos