Xoves 2 Maio 2024

Ciencia e xornalistas

xm_pereiro_avatar_bnOs xornalistas somos moi de velorios. Arredor dos mortos é cando erguemos a voz, chorando ao desaparecido e consolando aos seus orfos. Cando desaparece un medio de comunicación poñémonos de loito e sacamos os pésames mellores e máis requintados do cartafol dos florilexios paraliterarios. Un día é un día e unha ocasión para saír do suxeito-verbo-predicado de sempre. A verdade é que nos últimos tempos estamos adestrando como se o velorio de medio o fosen a declarar deporte olímpico, e non damos abasto a consolar a tanta orfandade.

Pero tamén hai nacementos. Coma este. E nunca os celebramos como deberíamos, porque en vez de alborozarse como o pai do fillo pródigo da Biblia, que empezou a programar unha matanza na facenda, habitualmente analizamos a criatura con ollo crítico de comadróns experienciados e comentamos con displicencia e entre dentes: “Isto non vai prender”.

Publicidade

A min préstame que naza GCiencia. En primeiro lugar porque é un medio especializado en algo que tradicionalmente na prensa estaba a medio camiño entre o entretemento e superchería. As informacións científicas tiñan orixe en remotas universidades que proclamaban teorías superferolíticas das que nunca máis se volvía saber nada. E cando a noticia científica era realmente noticia e realmente científica, era sometida a un tratamento mediático que a convertía en fonte de polémica na que participaba todo canto se consideraba con dereito a ter un pito que tocar.

En segundo lugar, porque é un medio informativo, está feito por xornalistas. Xa sei que debe haber unha chea de webs de información de alto nivel científico, pero todo é pouco para fomentar a divulgación (“O aspecto máis triste da vida actual é que a ciencia gana en coñecemento máis rapidamente que a sociedade en sabedoría”, queixábase Asimov), e tamén é preciso xerar ferramentas e saberes para que a ciencia non sexa para os profesionais da información un arcano. Como dixo Albert Einstein non entendes realmente algo a menos que sexas capaz de explicarllo a túa avoa. E para iso necesítanse xornalistas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O cine familiar, a resistencia cultural das vilas galegas

Santiago Díaz e Concha Candán son propietarios do Cine Avenida en Caldas de Reis, a primeira multisala dun concello galego de menos de 10.000 habitantes

Unha galega descobre compostos fluorescentes capaces de detectar explosivos

Valeria Alonso Triñanes, natural de Boiro, foi galardoada co premio ao mellor Traballo de Fin de Grao 2023 pola súa investigación

Denuncian danos en monumentos megalíticos da Fonsagrada

Dous colectivos sinalan uns traballos forestais como os causantes da deterioración dos xacementos, situados ao carón do Camiño Primitivo

Como protexernos das carrachas e das enfermidades que transmiten

Os patóxenos transmitidos polas carrazas son responsables da maioría das enfermidades transmitidas por vectores nas zonas tépedas de América do Norte, Europa e Asia