Xoves 28 Marzo 2024

A empresa Data Monitoring gaña os Premios EmprendedorXXI

O certame, organizado por CaixaBank, recoñeceu o traballo da compañía, especializada na aplicación do IoT á industria alimentaria

A empresa Data Monitoring, compañía baseada en Lugo que ofrece solucións integrais de control de máquinas e procesos, a través de IoT (Internet das Cousas) e Big Data, foi elixida como gañadora dos Premios EmprendedorXXI en Galicia, impulsados por CaixaBank, a través de DayOne, a súa división especializada para empresas de tecnoloxía, innovación e os seus investidores. Os galardóns, cooutorgados polo Ministerio de Industria, Comercio e Turismo, a través de Enisa, contan tamén en Galicia co apoio da IGAPE na organización.

Data Monitoring, que recentemente foi finalista nos IV Premios Spin-Off PuntoGal, organizados por GCiencia, está especializada na monitoraxe de líquidos (auga, cervexa, viño, leite…) durante o seu ciclo de vida e produción, mediante o uso de sensores que transmiten en tempo real os datos. O premio EmprendedorXXI inclúe unha dotación económica de 5.000 euros, o acceso a un programa de formación internacional organizado por ESADE en colaboración con expertos de Silicon Valley e mentoring especializado.

Publicidade

Data Monitoring: tecnoloxía punta para o campo e a industria

CaixaBank e Enisa apostan con estes galardóns por manter o apoio á actividade emprendedora e recoñecer o labor que desenvolven en tempos de pandemia. Nesta ocasión, o acto de entrega realizouse de forma telemática, nunha sesión na que participaron a directora comercial de Retail de CaixaBank en Galicia, Marta Albela, e o CEO de Enisa, José Bayón, entre outros relatores. O acto realizouse no marco da xornada DayOne Innovation Summit JuntosXXI, onde se realizaron sesións relacionadas con emprendemento no ámbito social. Nesta edición, en Galicia participaron 32 empresas. Ademais de Data Monitoring, resultaron finalistas as empresas Norlean, Triple Alpha, Tappy e Osigris.

Nesta edición de EmprendedorXXI, na que participaron un total de 955 empresas de España e Portugal, entréganse 19 galardóns a nivel territorial ás empresas de nova creación con maior impacto no seu territorio: 17 en España (un por comunidade autónoma) e 2 en Portugal (zona norte-centro e Lisboa-sur e Illas), que recibirán un premio en metálico de 5.000 euros.

Ademais, premiarase ás empresas que ofrezan as mellores solucións aos principais retos da sociedade actual, que obterán un premio en metálico de 15.000 euros. En total, definíronse un total de 8 retos: Ciudad XXI (cidades máis sostibles, seguras, conectadas e adaptadas), Vive XXI (dixitalización, novos modelos de negocio e reactivación do sector hostaleiro, restauración, turismo e lecer), Benestar XXI (a saúde dos cidadáns), Semente XXI (transformación dixital e innovación no sector agroalimentario), Planeta XXI (a sustentabilidade ambiental), Banca XXI (un novo modelo de banca máis próxima ao cliente), Xuntos XXI (iniciativas de impacto social), Deeptech XXI (aumentar a competitividade da industria grazas á ciencia e a transferencia tecnolóxica).
Tanto os gañadores a nivel territorial como os gañadores das diferentes categorías e un finalista de cada reto tamén terán acceso a un programa de formación internacional e mentoring especializado.

Ademais, todas as empresas gañadoras dos premios e as finalistas dos retos participarán no Investors Day EmprendedorXXI e todos os participantes desta edición poderán acceder ao DayOne Open Innovation Program para realizar unha proba de concepto con CaixaBank. Este ano, os galardóns contan co apoio de AgroBank, CaixaBank Dixital Business, CaixaBank Payments & Consumer, Zone2 boost, Imagin, MicroBank, VidaCaixa, Banca de Empresas, Negocio Inmobiliario, CaixaBank Hotels& Tourism, Banca Privada, Banca de Particulares, CaixaBank Séniores e CaixaBank Negocios.

Desde a súa creación en 2007, o programa investiu 6,7 millóns de euros en premios en metálico e accións de acompañamento, que beneficiaron a máis de 430 empresas. Ao longo da súa historia, participaron máis de 8.900 start- ups e máis de 3.300 profesionais estiveron involucrados en comités e xurados.

Cos Premios EmprendedorXXI, CaixaBank e Enisa teñen o obxectivo de contribuír ao desenvolvemento de novas empresas innovadoras con alto potencial de crecemento. Ao longo da súa traxectoria, consolidáronse como un galardón de referencia para start- ups de España e a partir de 2018 tamén en Portugal.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Unha nova iniciativa de Clúster TIC impulsa o emprendemento tecnolóxico galego

As propostas seleccionadas contarán co respaldo de socios da entidade para optimizar os seus modelos de negocio

Innovación, emprendemento e retos do sector alimentario, claves da V Edición de BFFood

A aceleradora busca proxectos innovadores de emprendemento que dean resposta ás novas demandas

A aceleradora do sector alimentario lanza a procura de 12 proxectos innovadores

A BFFood abre a súa cuarta edición para captar talento e apoiar iniciativas de emprendemento

As mulleres volven liderar as iniciativas emprendedoras en Galicia

Un informe conclúe que só o 20% percibían oportunidades, fronte ao 33% dos homes, durante a crise ocasionada polo coronavirus