Sanidade

Galicia supera os 500 casos de coronavirus nun día por primeira vez desde febreiro

A transmisión do SARS-CoV-2 espállase polos concellos, e un de cada 250 persoas de entre 12 e 29 anos deu positivo nas últimas dúas semanas

PCR no ocio nocturno e ‘guerra’ ao botellón: medidas para unha nova etapa pandémica

O maior número de positivos desde finais de febreiro (366 casos en 24 horas) leva á Xunta a poñer o foco na mocidade para conter o 'estourido' na incidencia

A repunta de casos eleva o risco pola Covid-19 en máis de 30 concellos

Unha trintena de municipios superan os 150 casos/100.000 habitantes a 14 días e poderían afrontar novas restricións nos vindeiros días

O comité clínico eleva as restricións en sete concellos por mor dos novos brotes

Carnota e Sarria estarán a partir do venres en nivel alto, e quedarán en nivel medio outros nove municipios con maior transmisión

Os brotes en xente nova, foco de atención da Covid-19 en Galicia

Sanidade confirma 50 casos vinculados a viaxes estudantís a Baleares e eleva a Sarria ao nivel alto de restricións por un surto con case 30 casos

Sanidade adianta a inmunización con AstraZeneca en maiores de 60 anos

As modificacións na estratexia de vacinación contra a Covid-19 arredor da administración de cada fármaco a un determinado grupo de idade están a xerar...

Sanidade levanta desde o venres as restricións máximas e altas nos concellos galegos

Só cinco concellos (Mos, Oroso, Soutomaior, Viveiro e Xove) situaranse no nivel medio, e os outros 308 quedarán no nivel medio baixo

O freo na transmisión da Covid-19 deixa só 15 concellos con maiores restricións

Mos e A Pobra do Caramiñal quedan en nivel máximo, Ordes e Viveiro con restricións altas e outros 11 concellos, no nivel medio

Novo paso cara á ‘normalidade’: permitidas reunións de ata 10 persoas en exteriores

A Xunta amplía tamén o limiar en interiores a seis persoas e a capacidade máxima en comercios, actividades laborais, culturais ou académicas

Peche en Lobios, A Pobra do Caramiñal e Mos á espera da relaxación das restricións sociais

Outros 17 concellos quedarán en nivel medio ou alto, mentres que a Xunta podería anunciar nos vindeiros días o levantamento no límite das reunións

A tendencia da Covid-19 no teu concello, diante de novos pasos na ‘desescalada’

O comité clínico reúnese este martes para debater, entre outras medidas, a posible ampliación nos encontros sociais

Lobios, único concello en nivel máximo; outros 29, en restricións altas ou medias

O comité clínico que analiza a situación epidemiolóxica acordou a ampliación dos horarios de ceas ata a unha da madrugada en todos os locais de hostalaría

Sanidade mantén o peche en tres concellos e máis restricións noutros 35

No nivel máximo estarán Cambados, Laza e Padrón, e Cangas, A Laracha, Lobios, Oleiros, Ribeira e Vilanova de Arousa quedan no alto

A tendencia da Covid-19 no teu concello a día de hoxe: estes son os datos

Varios concellos sitúanse en risco extremo de incidencia, pero máis da metade dos municipios non rexistran casos nos últimos sete días

Galicia bate tres veces seguidas o récord de vacinas e suma máis de 270.000 nunha semana

Entre o xoves 29 e o xoves 6 administráronse doses ao 10% da poboación galega, acadando o xx de cobertura cunha dose a maiores de 60 anos

Sen estado de alarma, mais lonxe da ‘normalidade’: as claves a partir desta fin de semana

A Xunta mantén as restricións de reunión e aforos limitados na hostalaría, a pesar de levantar o peche perimetral e o confinamento nocturno