Un estudo galego pioneiro vincula os cambios na materia branca co avance do Alzheimer

O traballo, de científicos da USC e o Hospital de Santiago, abre a porta a cambiar o foco das terapias actuais, centradas na materia gris

O ‘Ángeles Alvariño’ chega o domingo a La Palma para estudar o impacto do volcán no mar

O barco científico que leva o nome da científica ferrolá fará parada en El Hierro e continuará ata o litoral palmero para analizar a erupción "in situ"

Adeus a Emiliano Aguirre, o galego que abriu Atapuerca ao mundo

O científico, falecido o luns aos 96 anos, puxo en marcha as escavacións nun xacemento clave para comprender a evolución humana

Unha tese propón un sistema de predición de mareas vermellas en tempo real

O investigador Francisco Bellas cre que así se poderían optimizar os recursos de industrias como a do mexillón, moi afectada por este fenómeno

A OMS recomenda o uso a grande escala da primeira vacina contra a malaria

A aplicación centrarase, por agora, en nenos e nenas da África subsahariana e outras rexións con transmisión entre moderada e alta

Galicia Innovation Days: a cita cos proxectos europeos máis innovadores

O evento celebrarase do 25 ao 29 de outubro, coa participación de expertos nas áreas de saúde, enerxía, medio ambiente, agroalimentación e industria