Martes 8 Outubro 2024

Guía da vacinación covid: quen debe protexerse e cando terá que facelo

Coa chegada do outono, Galicia prepárase para unha nova campaña extensiva dirixida a maiores, usuarios de residencias e persoal sanitario

Malia que estacionalidade non está completamente establecida para o SARS-COV-2, a experiencia dos últimos dous anos apunta a que coa chegada do inverno haberá un pico significativo de casos, do mesmo xeito que ocorre con outros virus respiratorios. Atendendo ás recomendacións da European Medicines Agency (EMA) e do Ministerio de Sanidade, Galicia prepárase para pór en marcha unha nova campaña de vacinación extensiva que, de entrada terá, como poboación-diana ás persoas de máis de 80 anos, aos usuarios de residencias de maiores e ao persoal sanitario e socio-sanitario.

Non será ata finais de setembro ou principios de outubro cando se inicie a vacinación, segundo as previsións que baralla o Goberno. Para entón, España disporá das novas vacinas autorizadas pola EMA o pasado 1 de setembro, que xeran unha maior resposta inmune fronte á variante ómicron BA.1. do virus SARS-CoV-2.

Publicidade

Trátase das novas vacinas das compañías Pfizer-BioNTech (Spikevax Bivalent Orginal/Omicron BA.1) e Moderna (Cominarty Orixinal/Omicron BA.1), que utilizadas como dose de recordo poden ofrecer unha protección máis ampla fronte ás posibles mutacións do virus.

As vacinas que hai e as que están por chegar

Con estas dúas novas fórmulas, son xa oito as vacinas autorizadas pola EMA para o seu uso na Unión Europea. Son as seguintes:

Publicidade

  • Comirnaty de Pfizer-BioNTech. Vacina de ARNm de tozinamerán / Covid-19 (nucleósido modificado). E Comirnaty Original/Omicrom BA.1 
  • Spikevax de Moderna. Vacina de ARNm de elastomerano / covid -19 (modificada con nucleósidos). E Spikevax Original Omicrom BA.1 
  • Vacina Covid-19 Valneva de Valneva. Vacina covid-19 (inactivada, adyuvada)
  • Nuvaxovid de Novavax. Vacuna covid-19 (recombinante, adyuvada)
  • Vaxzevria de AstraZeneca. Vacuna covid-19 (ChAdOx1-S recombinante)
  • Jcovden de Jansen. Vacuna covid-19 (Ad26.COV2-S recombinante)

A esta listaxe hai que engadir outras dúas vacinas que contan co aval da EMA e que presentaron senllas solicitudes de comercialización: 

  • Vidprevtyn de Sanofi Pasteur
  • Skycovion de SK Chemicals GmbH,

Ademais existen outras tres fórmulas que están en fase “revisión continua” da EMA e que, a medio prazo, poderían incorporarse á oferta de vacinas capaces de enfrontar ás posibles variantes do virus. É o caso da:

  • Vacina Covid-19 HIPRA (PHH.1V)  de HIPRA Human Health SLU
  • Sputnik V, Gam-Covid-Vac do Instituto Gamaleya
  • Vacina Covid-19 (Vero Cell) Inactivada de Sinovac

Hai postas moitas esperanzas na vacina desenvolvida pola farmacéutica española HIPRA que ten demostrado unha boa resposta de anticorpos neutralizantes fronte ás sub-variantes de ómicron BA.2 e BA.4 e BA.5. A empresa ten listas 250 millóns de doses para a súa distribución no momento que reciba a autorización da EMA para a súa comercialización.

O virus segue entre nós

Afastada do foco mediático, a covid segue presente entre nós. Galicia conta con 1.569 casos activos de coronavirus: 2 están na UCI, 114 en unidades de hospitalización e 1.453 no seu domicilio, segundo datos da Consellería de Sanidade (a 3 de setembro).

Porén a nosa comunidade enfrontará un posible pico ou onda epidémica da covid cun 92,2% da poboación vacinada con cando menos unha dose (2.482.992 galegos e galegas, en termos absolutos); un 91,3% coa pauta completa administrada (2.457.827 persoas) e cun 74,2% da poboación – os sectores máis vulnerables- cunha dose de recordo posta (1.998.982).  Son cifras que explican a contención da expansión da enfermidade, a minoración da gravidade da doenza e a confianza da sociedade na ciencia.

Sen dúbida avanzamos na loita contra esta pandemia pero como sinala a inmunóloga e catedrática da Universidade de Vigo, África González: “Á única certeza do coronavirus é que chegou para quedar con nós”.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Que debes facer para mellorar a túa saúde? Fácil: o que che dea a gana

A epidemioloxía non busca coartar a liberdade, senón todo o contrario: axudar a tomar decisións con pleno coñecemento das súas consecuencias

Estes 10 alimentos poden prexudicar o teu corazón

O colesterol elevado, a presión arterial alta, a diabetes ou o sedentarismo son os principais factores de risco para as enfermidades cardiovasculares, que representan a segunda causa de morte en España

Así afecta ao corpo humano a exposición ao fume dos incendios

O transporte masivo de partículas tóxicas activa en Galicia alertas pola mala calidade do aire nos concellos de Vigo e de Cee

Luis Enjuanes, virólogo: “Hai que estar moi alerta, a polio está emerxendo polas guerras”

O experto en coronavirus participa no Congreso Nacional de Viroloxía que se está a celebrar esta semana en Santiago