Domingo 28 Abril 2024

Falsas expectativas no dentista e ‘fake news’: que esperar dun tratamento dental

Antes de calquera vinculación profesional, dentista e paciente deben ter claro ata que punto pode ser efectivo un determinado tratamento

As falsas expectativas poden ser un problema na relación entre o dentista e o paciente. Antes de calquera vinculación profesional, ambos deben ter claro ata que punto pode ser efectivo un determinado tratamento dental. Ademáis co crecente aumento das fake news sobre todo en redes sociais, hai que ter moito coidado e contrastar médicamente supostos remedios caseiros que poder poñer en perigo a túa saúde dental. Neste Dentalk de Clínica Médico Dental Pardiñas, fálase das falsas expectativas no dentista.

É importante saber que espera o paciente do dentista, pero tamén seé posible solucionar unha enfermidade periodontal moi avanzada. Tamén analizamos se serve o mesmo tratamento de implantes para todo o mundo ou se a ortodoncia soluciona calquera problema na posición dos dentes.

Publicidade

Tratamentos milagre

Outro dos asuntos é saber se os dentes do cliente quedarán brancos tras un branqueamento e se existen as fake news en odontoloxía. Serven os tratamentos milagre das redes sociais? Conestámolo, pero tamén se un sorriso bonito é sempre unha boca sa.

Unha dúbida común: necesitamos visitar ao dentista con frecuencia? Cando falamos de resolución de problemas orais complexos, é moi importante coñecer cales son as perspectivas do paciente, que é o que espera conseguir cos nosos tratamentos. Os profesionais teñen que ser capaces de prever o resultado final (estético e funcional) de xeito individualizado e transmitirllo ao paciente; para iso debebn ter datos suficientes (análise oclusal, modelos de estudo, radiografías, fotografías…). Unha vez estudado o caso, se os obxectivos do facultativo non coinciden cos do paciente é importante que saber dicir “non”, especialmente cando as expectativas non son reais.

Case sempre hai unha solución, pero non sempre é a ideal.


Séguenos tamén en:

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Intelixencia artificial contra as fake news

Detrás das noticias falsas articúlanse, en moitas ocasións, estratexias para manipular a opinión pública e erosionar a estabilidade dos Estados e das súas institucións

Os riscos do ‘piercing’ na boca e como evitalos

Este tipo de perforacións están de moda, pero non son inofensivas, poden causar numerosas complicacións e lesións

Un estudo busca atopar a relación entre e a saúde bucodental e a do resto do corpo

A Fundación Clínica Pardiñas busca pacientes con periodontite para participar nun traballo sobre a eficacia de diferentes enxaugues bucais para a súa prevención

Branqueamento dental: todo o que precisas saber para branquear os dentes

É un dos recursos estéticos máis sinxelos e conservadores, aínda que o que realmente afectado é a dentina ou capa intermedia